Proxecto 01.01. Presentación colaborativa "Medidas viarias"
Requisitos de finalización
Apertura: lunes, 17 de octubre de 2016, 01:00
Cierre: domingo, 30 de octubre de 2016, 23:55
Nesta tarefa teredes que realizar unha presentación con Google Drive entre todos os membros do voso equipo, cada equipo unha presentación.
O proceso será o seguinte:
- O Coordinador entra na carpeta do equipo dende o seu Drive e engade unha "Nova" "Presentación" a que lle porá por título: Presentación_MedidasViarias_3XEY (onde a X será o grupo de terceiro -da A á G- e a Y o equipo dentro da aula -do 1 ó 5-. E crea 7 diapositivas en branco a maiores da portada (índice e unha diapositiva para cada unha das dimensións a averiguar).
- A partir dese momento cada un dos compoñentes terá que acceder desde a súa conta Gmail á citada presentación que atopará (se fixéstedes todos os pasos anteriores) na carpeta do equipo que teredes dentro da vosa carpeta persoal en Drive.
- O coordinador encargarase do deseño da presentación, da Portada con título e autores, do índice (2ª diapositiva) e, logo, de coordinar/axudar aos seus compañeiros.
- Cada un escrebe o seu nome e apelidos na zona inferior dereita da súa diapositiva.
- Lista de investigación:
- Dimensións dunha praza de aparcamento en liña.
- Dimensións do ancho da beirarrúa para que podan transitar en paralelo un peatón e unha cadeira de rodas.
- Dimensións da calzada de sentido único para que poida transitar por ela un camión de recollida do lixo ou un camión de bombeiros.
- Dimensións das raias dos pasos de peóns (ancho e separación entre elas).
- Dimensións das rampas dos pasos de peóns elevados (altura e pendente).
- Dimensións dun badén de aminoración da velocidade.
Cada diapositiva debe incluir unha imaxe que xustifique a medida adoptada e o enlace á fonta desa imaxe.
Proceso:
- Tarefa a realizar en dúas sesións de informática.
- Cada alumno, unha vez rematada a súa parte, deberá notificalo respostando nesta Tarefa escribindo:
-
- Xa rematei a miña parte do traballo que podes consultar a través da miña carpeta persoal compartida contigo.
(Se non accedo ao traballo dende cada unha das carpetas persoais a cualificación será un cero, independentemente de se o traballo está realizado ou non)
Criterios de cualificación (100 ptos):
- Entrega textual no Aula Virtual. 10 ptos.
Parte colectiva:
- Portada con título, coordinador, curso, grupo e equipo. 10 ptos.
- Plantilla uniforme para toda a presentación. 10 ptos.
- Índice con temas e autores. 10 ptos.
Parte individual:
- Diapositiva co autor. 10 ptos.
- Diapositiva co título. 10 ptos.
- Diapositiva coa imaxe xustificativa. 10 ptos.
- Idoneidade, tamaño e claridade da imaxe inserida. 10 ptos.
- Diapositiva con fonte enlazada ao recurso inserido. 10 ptos.
- Indicación da medida adoptada en función da información suministrada. 10 ptos.