Actividade por parellas 01.01: Diédrico 3
Requisitos de finalización
Apertura: domingo, 9 de octubre de 2016, 01:00
Cierre: domingo, 16 de octubre de 2016, 01:00
Primeira sesión.
- Teredes a folla 3 dos apuntamentos de Diédrico para realizar por parellas.
- Tedes 30 minutos para resolver as 8 pezas (debuxar as 3 vistas de cada unha delas).
- De seguido pasades a vosa ficha á parella da dereita para que vola corrixa segundo as indicacións da ficha resolta.
- Corrección con bolígrafo vermello (10 minutos) Co-Avaliación:
- Cada vista val un punto e só pode estar ben ou mal e está mal cando falta/sobra ou non está no seu sitio unha arista. Puntuación máxima 24 puntos.
- Corrección con bolígrafo azul (5 minutos) Auto-Avaliación:
- A ficha volve ós seus autores para repasar a corrección e autoavaliarse con bolígrafo azul.
- Nota final: se ambas correccións coinciden as dúas parellas suman 6 puntos (3 pola co-avaliación e 3 pola auto-avaliación), en caso de non coincidencia o profesor resolve quen errou na corrección e en lugar de sumar 3 puntos restaríaos.