Actividade individual 00.03: Correo con copia
Unha vez que teñas creada a túa conta de correo persoal en Gmail e enviado un primeiro correo de presentación, terás que enviar un segundo correo de presentación aos seguintes destinatarios:
- "Para" (destinatario principal): tecnoeba@gmail.com
- "CC" (con copia, o destinatario está informado pero non ten que facer nada, o destinatario principal sabe desta copia): para os teus compañeiros de equipo.
- "CCO" (Con Copia Oculta, este detinatario coñece todo o anterior pero é invisible para todos os demais): para accionangel@gmail.com
Todo correo electrónico debe seguir unhas pautas de correción que poderían resumirse en:
- Saúdo (Estimado profesor, Estimado Sr., Ola Ángel, Ola a tod@s, etc.)
- Contido (Exposición dos motivos do correo ou información que se quere transmitir: preséntate, indica o teu curso, quen será a túa parella de traballo e o número de ordenador no que ides traballar -todo ben redactado-)
- Despedida (Un saúdo, Á espera das súas noticias reciba un cordial saúdo, etc.)
O grao de familiaridade nas expresións anteriores dependerá da relación remitente-destinatario.
Por último e máis importante, deberás indicar en "Asunto" un resumen do correo, lembra que Gmail permíteche gardar todos os correos e co tempo serache útil o seu buscador para atopar calquera envío indicando algunha palabra mencionada no "Asunto". Algúns exemplos poden ser: Solicitude de incorporación aos seus contactos, Presentación tecno3 1617 nome apelidos 3ºX equipo Y (*) (ésta é a indicada para esta tarefa e, como podedes ver, indicaredes toda a información necesaria para a vosa clasificación na libreta de enderezos do profesor), Solicitude de información sobre ..., etc.
(*)
- A X pode ser: A, B, C, D, E ou F.
- A Y pode ser: 1, 2, 3, 4 ou 5.
Antes de continuar recoméndoche que leas este artigo publicado en Verne, unha web do diario El País, titulado "Una guía para no meter la pata por correo electrónico"
- Destinatario principal. 10 ptos.
- Destinatarios con copia. 10 ptos.
- Asunto. 10 ptos.
- Mensaxe. 10 ptos.