Actividade individual 00.01: Correo de Presentación
Requisitos de finalización
Apertura: jueves, 15 de septiembre de 2016, 01:00
Logo de consultar "Cómo redactar una carta formal" ou "Una guía para no meter la pata por correo electrónico" envía o correo electrónico de presentación indicado máis abaixo ao profesor solicitando o "usuario" e "contrasinal" para acceder a este Curso Virtual.
A resposta será tamén por correo electrónico e nesta "Tarefa" recollerase a túa cualificación empregando unha rúbrica de corrección deducida do enlace arriba facilitado.
Xa que estás aquí aproveita para ler este artigo de Verne, unha web do diario El País, titulado "Los mejores mensajes de SPAM que he recibido nunca" e así poderás evitarte problemas futuros no manexo do teu correo electrónico. Non vas crer a imaxinación que teñen os spamers á hora de "pescar" a algún incauto. Ti non quererás ser o próximo?
Por último, fai caso deste artigo: "21 cosas que debes evitar al mandar un correo electrónico".
Ola a todos e Benvidos a este novo Curso 2016-17.
Son
Ángel Acción Lamas, accionangel@gmail.com
o profesor que vos acompañará nesta viaxe pola Tecnoloxía e por este Curso Virtual.
E nada máis comezar xa vos estou pedindo cousas, neste caso que me enviedes un correo electrónico dende a vosa conta Gmail coa seguinte estrutura:
Asunto:
3ºX Nome Apelido Apelido
Texto:
Ola Ángel
Este correo é para presentarme e para que poidas incorporar o correo electrónico que empregarei neste curso á túa lista de contactos.
Un saúdoNome Apelido Apelido
Unha vez realizada esta tarea podedes pasar a presentarvos no "Foro de Presentación" deste Aula Virtual.
Aproveito para insistirvos na importancia que está a ter cada día máis o "Traballo en equipo" (vídeo 1:23), xa ves que non dura moito e ademáis son debuxos animados, bótalle un ollo .
"Cómo detectar correos electrónicos fraudulentos" do Instituto Nacional de Seguridade en osi.es co copyright repectado