Secuencias. Presentación colaborativa por parellas.
No dispone de permiso para ver los debates de este foro
Requisitos de finalización
Opened: jueves, 28 de enero de 2016, 07:55
Due: viernes, 4 de marzo de 2016, 23:55
Nesta tarefa recollerase a cualificación da presentación realizada por parellas sobre a programación das secuencias duns semáforos.
Un de vós abre esta Presentación: "Semáforo: código y secuencias" a garda na súa carpeta personal de Drive co nome: Secuencias_3x_Ey_nomeapelido_nomeapelido e logo compártea coa súa parella de traballo.
Esta presentación terá que estar na vosa carpeta persoal e non na de equipo.
A partires de aquí cada quen pode traballar nela pero a primeira diapositiva traballarédela desde a conta do que a gardou e a segunda desde a conta do outro, así observarei que os dous a tedes e comprendedes as posibilidades dos documentos compartidos.
Unha vez rematada cada un de vós ten que seguir o seguinte proceso:
- Imprimila en pdf.
- Ides a Arquivo-Imprimir, escolledes por Destino: Guardar en Google Drive e poñedes o nome: "Secuencias por nomeapelido_3x_Ey". Cando estea feito comprobade que o pdf está dentro da vosa carpeta persoal (a que tedes compartida conmigo) xunto coa presentación e a do Crocodile.
- Agora hai que enviala a este Aula Virtual e para elo:
- Sobre o pdf clica no botón dereito do rato e sobre "Obtener enlace" e "Configuración para compartir", cópiao.
- Embaixo desta tarefa clica en "Editar mi envío".
- Na xanela que se abre escribe: "Las secuencias de los semáforos según Nome Apelido", selecciona todo e clina nas cadeas da barra de ferramentas, ábrese outra xanela e cola (pega) na caixa de texto superior, a da URL o que copiache antes en "Obtener enlace". Na caixa de texto Destino escolle "Nueva ventana". Acepta clicando en OK.
- Agora terás o texto resaltado en azul e xa podes clicar en "Enviar".
- Unha vez enviado verás o enunciado desta Tarefa e embaixo o que ti enviache, de feito se clicas nel abrirase o pdf.
Criterios de Cualificación, puntuación máxima 100 ptos:
- 50 ptos. Envío do pdf polo Aula Virtual abrindo en xanela nova (10 ptos) e ser un pdf (10 ptos) co nome individual correcto (10 ptos).
- 20 ptos. Accedendo á presentación de parella a través da súa carpeta persoal compartida co profesor. Nome correcto (10 ptos) e ubicación según o esquema sinalado embaixo (10 ptos).
- 50 ptos. Contido da presentación:
- Diapositiva 1: secuencia coloreada (5 ptos), código completo (5 ptos), simplificado (5 ptos), delay (5 ptos).
- Diapositiva 2: secuencia coloreada (10 ptos), código (10 ptos), delay (10 ptos).
Comproba que a túa estrutura de carpetas en Drive sexa a seguinte, sen ela o profesor non poderá avaliar o teu traballo e a túa cualificación non contemplará todo o que traballaches: