Arduino. Presentación grupal colaborativa.

Presentación colaborativa aloxada na carpeta de equipo.

  • Portada:

    • Título: Memoria de Prácticas “Control semafórico con Arduino”.

    • Autores e Equipo (3xEy)

  • Para cada unha das prácticas:

    • Diapositiva co título e coa fotografía da montaxe.

    • Diapositiva co programa escrito xunto coa captura de pantalla do mesmo.

    • Diapositiva co vídeo embebido.

  • Créditos:

    • Presentación realizada con imaxes e vídeos propios.

    • IES Eduardo Blanco Amor – Culleredo

    • Tecnoloxía 3º ESO

    • Profesor: Angel Acción Lamas

    • Licencia CC-BY-NC-SA


IMPORTANTE:

Aproveita esta Plantilla de Presentación gardándoa (previamente abre a túa conta Gmail) co nome Prácticas Arduino 1516_3x_Ey. O coordinador será o encargado de incorporala á carpeta de equipo e modificarlle o nome.


Criterios de Cualificación da presentación colaborativa (100 ptos):

  • 20 ptos. Polo acceso á presentación a través da carpeta persoal de cada un dos compoñentes.

  • 10 ptos. Nome correcto da presentación e portada.

  • 6 x 10 ptos. Por cada unha das 6 prácticas coas tres diapositivas perfectamente expostas.

  • 10 ptos. Créditos.


Para a nota da 2ª Avaliación só serán tidos en conta o realizado antes do venres 11 de marzo ás 23:55 horas. As correccións, modificacións ou ampliacións realizadas con posterioridade serán cualificadas e tidas en conta para a evaluación final do curso.



Comproba que a túa estrutura de carpetas en Drive sexa a seguinte, sen ela o profesor non poderá avaliar o teu traballo e a túa cualificación non contemplará todo o que traballaches: