Arduino_1. Blink co LED da placa no Pin 13.
Blink (intermitente) co LED da placa Arduino no Pin 13. Enlace ó PDF de prácticas.
Nesta tarefa recollerase a puntuación obtida na sesión de montaxe da práctica no taller. Posteriormente realizaredes unha presentación colaborativa cos recursos (imaxes, vídeos) que debedes recoller de cada práctica e que se especifican a continuación.
Seguide estes pasos e veredes o sinxelo que resulta:
Abre o IDE Arduino.
Conecta a placa Arduino ó ordenador mediante o cable USB.
Se te pide instalar os Drivers da placa escolle sen conexión a internet, e que o atope no ordenador aceptando a ubicación suxerida. Acepta todo e Finaliza.
Comproba en Ferramentas:
Placa: Arduinio UNO.
Puerto: COM * Arduino. (se non aparece, desconecta-conecta o cable USB para que instale os Drivers)
Localiza en Archivo: Exemplos – Básicos – Blink e ábreo.
Modifica o tempo de acendido para que sexa de 2 segundos.
Comproba a programación (clica no check).
Envía o programa á placa Arduino clicando na frecha (parpadearán os leds Rx-Tx de comunicación).
Comproba o acendido-apagado do LED situado xunto ó Pin 13 certificando os tempos de acendido-apagado.
Avisa ó profesor para que anote a cualificación da práctica.
Sitúa a placa Arduino sobre a Ficha da Práctica 1 cuberta cos datos do equipo (maiúsculas tipo imprenta).
Copia no recadro “Programa” o código que figura no IDE Arduino. (Copia literal con especial coidado nos espacios, chaves, puntos e coma,...)
Realiza unha foto que recolla toda a Ficha.
Graba un vídeo duns 10 segundos que recolla a secuencia de funcionamento.
Realiza unha captura de pantalla (1) do código, só do código.
Garda a imaxe, o vídeo e a captura na carpeta Práctica_1_3xEy que está dentro da carpeta Arduino_3xEy que se atopa, á súa vez, dentro da carpeta do voso equipo 1516_3xEy.
(1) Captura de pantalla nos ordenadores do instituto con Windows XP.
Sitúa o código de xeito que se vexa completamente.
Clica na tecla “ImprPant” ou similar.
Abre Paint en Inicio-Programas-Accesorios-Paint.
Edición-Pegar (xa podes ver a captura).
Recorta só a zona do código e gárdaa co nome: “blink_placa_3xEy” (escolle a extensión .png)
Criterios de Cualificación das Montaxes (6 prácticas – 6 sesións). 200 ptos. cualificación máxima:
A falta de asistencia dalgún dos compoñentes do equipo suporalle un cero nas prácticas realizadas polo equipo nesa sesión.
- 15 ptos. Montaxes 1 a 4, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
- 40 ptos. Montaxe 5, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
- 50 ptos. Montaxe 6, mesmas condicións que anteriormente. Puntuación dobre se o LED verde dos peóns parpadea, mínimo dúas veces, antes de mudar a vermello.