TEF_5. As 5 diferencias.
Requisitos de finalización
Apertura: lunes, 4 de enero de 2016, 07:55
Cierre: domingo, 7 de febrero de 2016, 23:55
Envía o enlace acortado, hiperenlazado e que abra en xanela nova á entrada do teu blogue onde teñas publicado o Collage e o análise-comentario da tarefa.
(1) Se empregades unha imaxe con licencia de modificación deberedes indicalo baixo a imaxe orixinal (Autor-Título-Licencia) e na vosa comentaredes que é unha modificación (Imaxe modificada por NomeApelido, Licencia CC-...)
As instrucións tédelas no Libro Edición Fotográfica con GIMP do AV.
Criterios de cualificación:
- 10 ptos. Funcionamento da ligazón ó primeiro intento en xanela nova.
- 30 ptos. Entrada do blogue cos comentarios sobre o proceso seguido, os titoriais ou videotitoriais consultados, a opinión sobre a tarefa, etc. (Incluirá enlaces -10 ptos-, unha extensión minima de 200 palabras -10 ptos- e o enlace á imaxe solución publicada noutra entrada do blogue)
- 10 ptos. Imaxes combinadas nun Collage.
- 20 ptos. Calidade da copia editada.
- 20 ptos. Imaxe coas solucións indicadas (entrada independente accesible desde esta).
- 10 ptos. Imaxe orixinal propia licenciada con CC-BY (1). A licencia irá rotulada no collage.
LEMBRA:
Resumindo: se escolles para a túa produción unha das licencias da primeira fila terás nesa columna os recursos que poderás empregar (\/) ou non (X).
Fila da cabeceira: licencias da túa produción.
Columna da esquerda: licencias dos recursos alleos a empregar.