Tarefa : Feed RSS con Feedly
Requisitos de finalización
Para a realización desta tarefa terás que realizar os seguintes pasos:
Apertura: jueves, 17 de diciembre de 2015, 11:25
Cierre: domingo, 10 de enero de 2016, 23:55
Antes de nada, viches o TITORIAL desta tarefa?, se non o fixeches agora é o momento, clica aquí.
- Visionar os dous vídeos da tarefa.
- Rexistrarte en Feedly ou calquera outro Lector de feeds.
- Suscribirte a algún Scoop de Angel, de Gumer e de Belén Cotón na colección Scoops.
- Suscribirte aos blogs da biblioteca (biblioeba e biblioebacomentada) na colección Bibliotecas.
- Suscribirte aos blogs de 10 compañeiros de informática na colección Inforeba1516.
- Suscribirte a algún blog relacionado coas túas aficións na colección "nome da túa afición".
Nesta tarefa terás que enviar o enlace á imaxe en jpg da captura de pantalla na que se observe todo o solicitado, esa imaxe podedes aloxala en Drive de xeito público ou en calquera outro aloxamento sempre e cando funcione o enlace que enviedes (comprobádeo logo de enviar a tarefa).
Para facer capturas de pantalla hai varios xeitos, o máis antigo e rudimentario:
- Enfoco a pantalla de xeito que se vexa todo o solicitado. Empregar: Ver-Zoom ou Ctrl+roda do rato.
- Clico na tecla "Impr pant" ou similar.
- Abro o Paint (no instituto ir a Inicio-Programas-Accesorios-Paint).
- Ctrl+V ou Botón Dereito do rato e Pegar.
- Recorto e pego noutro Paint se fai falla.
- Gardo cun nome significativo, nesta tarefa: osRSSdeNomeApelido.png (fíxate nas maiúsculas-minúsculas)
Nos vosos equipos podedes instalar Jing como o teño eu, vémolo na clase cando falemos desta tarefa.
Outro recurso interesante é CTRL+P con lo que podríais imprimir la página entera en PDF.
Logo xa só queda subila á rede (Drive é o máis sinxelo), compartilo de xeito público, copiar o enlace e enlazalo ó nome da imaxe que escribiredes no Envío da Tarela de xeito similar a:
osRSSdeAngelAccion
(sen espacios, sen acentos, pero que enlace á vosa imaxe nunha nova xanela)
Criterios de Cualificación para os 100 puntos desta tarefa:
- 10 ptos. Nome da imaxe.
- 10 ptos. Extensión png da imaxe.
- 10 ptos. A imaxe ábrese nunha nova xanela.
- 10 ptos. A captura debe abarcar o lateral esquerdo coas coleccións (abaixo de todo debería aparecer o voso nome) abertas para poder observar todas as RSS (calquera outra vista na que se observe o anterior tamén val).
- 10 ptos. Scoops dos profesores.
- 10 ptos. Scoops das bibliotecas.
- 10 ptos. Blogs ou webs da vosa afición.
- 30 ptos. Blogs de 10 dos vosos compañeiros.