Tarefa 04.03: Podcast #CulleredoPoloBoTrato
Requisitos de finalización
Apertura: lunes, 26 de octubre de 2015, 11:10
Cierre: domingo, 15 de noviembre de 2015, 23:55
- Envía (escribe) o título do teu podcast enlazado á entrada do teu blogue -e a url- onde teñas inserido (que non enlazado) o teu podcast (aloxado previamente na plataforma SoundCloud) xunto coa túa reflexión sobre o tema e o comentario sobre o proceso de realización do recurso audiovisual, fontes empregadas, recursos inspiradores, opinión sobre o concurso, etc. No artigo tamén transcribiredes (en galego) o texto do audio.
- Do estilo Implicándome no meu blogue. URL: http://..........
- Envía (escribe) o título do teu podcast enlazado á plataforma SoundCloud na que está aloxado e a url (do Podcast e non da túa canle).
- Do estilo: Implicándome en SoundCloud. URL: http://..........
Lembra que o arquivo orixinal chamarase:
TítuloOriginal_NomeApelidoApelido_NomeApelidoApelido_CCBYNCSA
Duración mínima 30 segundos - duración máxima 40 segundos
Tanto se o grabades directamente en SoundCloud como se subides o arquivo comprobade no mesmo momento do aloxamento:
- Título e Nome con Apelidos tal e como esixen as bases do concurso.
- Na Descripción indicaredes: "Podcast participante no III Concurso Escolar de cuñas Polo Bo Trato contra a Violencia de Xénero 2015 organizado polo Concello de Culleredo." e no seguinte párrafo a transcripción do texto. TODO EN GALEGO (voz e texto).
- Incorporar o hashtag #CulleredoPoloBoTrato na caixa de texto das Etiquetas.
- Configurar o audio como Creative Commons escollendo as opcións BY - NC - SA.
- Permitir a descarga (por defecto ven como non permitida) e a posibilidade de embebelo (por defecto ben permitido).
A diferencia do indicado nas bases do concurso, NON SE PERMITEN AUDIOS CON DEREITOS DE AUTOR, e na entrada do blogue teredes que indicar, se incorporades un fondo musical instrumental, tanto o nome da peza e ou autor como o enlace ó aloxamento onde figuren eses datos xunto coa licencia. Se o fondo instrumental é unha interpretación vosa indicádelo tamén na entrada, neste caso algo parecido a "título da peza" interpretado ó "instrumento" por "Nome Apelido" (se a peza é orixinal, igual).
Consellos de elaboración:
- Prepara un guión co texto a grabar (pode ser expositivo ou mesmo un diálogo, informativo dun suceso, de datos, unha escenificación, etc.)
- Grabao con ou sen son co teu móbil.
- Alóxao en SoundCloud (comproba que o formato de grabación do teu móbil é compatible coa plataforma, emprega un cambiador de formato se é necesario -Format Factory está instalado nos equipos do instituto-)
Se a túa entrada é longa e queres que na páxina principal só se amose o título e un pequeno resume ou entradilla segue a ler ... (cando inclúas esta opción indícao no teu envío e valorarémolo positivamente).