Tarefa 04.04: Curta #CulleredoPoloBoTrato
Requisitos de finalización
Apertura: miércoles, 28 de octubre de 2015, 07:35
Cierre: domingo, 15 de noviembre de 2015, 23:55
- Envía (escribe) o título da túa curta enlazado á entrada do teu blogue -e a url- onde teñas inserido (que non enlazado) o teu vídeo (aloxado previamente na plataforma YouTube) xunto coa túa reflexión sobre o tema e o comentario sobre o proceso de realización do recurso audiovisual, fontes empregadas, recursos inspiradores, opinión sobre o concurso, etc. Se o vídeo non o tes subtitulado co diálogo terás que escribilo na túa entrada.
- Do estilo Implicándome no meu blogue. URL: http://..........
- Envía (escribe) o título da túa curta enlazado á plataforma YouTube onde está aloxado e a url.
- Do estilo: Implicándome en YouTube. URL: http://..........
Lembra que o arquivo orixinal chamarase:
TítuloOrixinal_NomeApelidoApelido_NomeApelidoApelido_CCBYNCND
Duración mínima 90 segundos - duración máxima 120 segundos
Comprobade no mesmo momento do aloxamento:
- Título e Nome con Apelidos tal e como esixen as bases do concurso.
- Na Descripción indicaredes: "Curta participante no III Concurso Escolar de cuñas Polo Bo Trato contra a Violencia de Xénero 2015 organizado polo Concello de Culleredo." Valorarase a inclusión dos subtítulos coa transcripción do texto. TODO EN GALEGO (voz e texto).
- Incorporar o hashtag #CulleredoPoloBoTrato na caixa de texto das Etiquetas.
- Configurar o vídeo como Creative Commons.
A diferencia do indicado nas bases do concurso, NON SE PERMITEN AUDIOS CON DEREITOS DE AUTOR, e na entrada do blogue teredes que indicar, se incorporades un fondo musical instrumental, tanto o nome da peza e ou autor como o enlace ó aloxamento onde figuren eses datos xunto coa licencia. Se o fondo instrumental é unha interpretación vosa indicádelo tamén na entrada, neste caso algo parecido a "título da peza" interpretado ó "instrumento" por "Nome Apelido" (se a peza é orixinal, igual).
O vídeo contará con:
- Portada co título, o hashtag e o nome dos autores.
- Contraportada cos créditos:
- "Curta participante no III Concurso Escolar de cuñas Polo Bo Trato contra a Violencia de Xénero 2015 organizado polo Concello de Culleredo."
- Autores (Nome e Apelido)
- Actores.
- IES Eduardo Blanco Amor
- Profesor: ......................
- Fondo musical (se existe): Título, Autor, Licencia, url de descarga.
- Licencia CC-BY-NC-ND
- "Os autores contan coas autorizacións de difusión da imaxe persoal dos actores segundo a súa idade e con fins exclusivamente educativos e enmarcados nesta campaña de concienciación social"
Se a túa entrada é longa e queres que na páxina principal só se amose o título e un pequeno resume ou entradillasegue a ler ... (cando inclúas esta opción indícao no teu envío e valorarémolo positivamente).