Tarefa 04.01: Tuit
Requisitos de finalización
Apertura: domingo, 27 de septiembre de 2015, 07:55
Cierre: domingo, 1 de noviembre de 2015, 23:55
Dentro de este tema de concienciación e loita contra a Violencia de Xénero a primeira das tarefas prantexadas era a creación dun lema, mensaxe, idea, denuncia,... en formato tuit, é dicir, cun máximo de 140 caracteres.
O caso é que Twitter tamén evoluciona e agora resulta moi doado publicar imaxes. Ó mesmo tempo outras aplicacións facilítannos a creación de imaxes con textos inseridos tan rápido como escribilos nun procesador de textos. E aínda máis, facilítannos unha imaxe de Dominio Público co que nin temos que molestarnos en atopar un fondo que acompañe e resalte a nosa idea a transmitir.
Descubre todo o anterior no seguinte vídeo e publica no teu blogue a túa mensaxe orixinal empregando a ferramenta comentada.
Lembra, na túa entrada, acompañar a imaxe cunha introdución da tarefa, da ferramenta empregada, da túa opinión sobre as mesmas, etc. Logo envía nesta tarefa o enlace acortado á entrada do blogue onde a teñas publicada.
O 25-N tuitearemos as mensaxes elaboradas e así aportaremos o noso gran de area á difusión desta campaña de concienciación.
Que aplicación ou ferramenta empregar?
Hai moitas, as de abaixo poden ser interesantes pero foi ver "Pablo by Buffer" e pasar a considerala a favorita, nada máis entrar xa vedes todas as opcións, incluida a promoción a twitter, pinterest e a de descarga. Xa só tedes que pensar a frase (lembra incluir #CulleredoPoloBoTrato), o resto faise en 1 minuto aínda que Pablo di que en 30 segundos.
Outras ferramentas/aplicacións: