Arduino_5: Semáforo de coches e peóns.
Requisitos de finalización
Opened: martes, 5 de enero de 2016, 20:00
Due: sábado, 12 de marzo de 2016, 23:55
Semáforo de coches e peóns co
- LED VerdePeóns no Pin 12,
- LED VermelloPeóns no Pin 11,
- LED VermelloCoches no Pin 10,
- LED VerdeCoches no Pin 9 e
- LED AmbarCoches no Pin 8. Enlace ó PDF de prácticas.
Nesta tarefa recollerase a puntuación obtida na sesión de montaxe da práctica no taller. Posteriormente realizaredes unha presentación colaborativa cos recursos (imaxes, vídeos) que debedes recoller de cada práctica e que se especifican a continuación.
Seguide estes pasos e veredes o sinxelo que resulta:
- Abre o IDE Arduino.
- Conecta a placa Arduino ó ordenador mediante o cable USB.
- Se te pide instalar os Drivers da placa escolle sen conexión a internet, e que o atope no ordenador aceptando a ubicación suxerida. Acepta todo e Finaliza.
- Comproba en Ferramentas:
- Placa: Arduinio UNO.
- Puerto: COM * Arduino. (se non aparece, desconecta-conecta o cable USB para que instale os Drivers)
- Localiza en Archivo: Exemplos – Básicos – Blink e ábreo.
- Modifica o código necesario para simular o funcionamiento dun semáforo real. Reparte os tempos para que cada ciclo teña unha duración de 5 segundos.
- Comproba a programación (clica no check).
- Envía o programa á placa Arduino clicando na frecha (parpadearán os leds Rx-Tx de comunicación).
- Coloca os LED coas súas respectivas resistencias na Placa de Prototipos conectando os cables vermello-verde-amarelo ós Pins 12, 11, 10, 9 e 8 deixando o cable negro solto e que colocarás no Pin GND logo de que o profesor comprobe o circuíto. Comproba a colocación dos LED: pata longa ou positiva hacia o positivo e pata curta ou negativa hacia o Pin GND.
- Avisa ó profesor para que comprobe o circuíto, te indique que conectes o cable negro e anote a cualificación da práctica.
- Sitúa a placa Arduino sobre a Ficha da Práctica 5 cuberta cos datos do equipo (maiúsculas tipo imprenta).
- Copia no recadro “Programa” o código que figura no IDE Arduino. (Copia literal con especial coidado nos espacios, chaves, puntos e coma,...)
- Realiza unha foto que recolla toda a Ficha.
- Graba un vídeo duns 15-20 segundos que recolla a secuencia de funcionamento.
- Realiza unha captura de pantalla do código, só do código, e gárdaa co nome: “semaforo_coches_peons_3xEy” (escolle a extensión .png).
- Garda a imaxe, o vídeo e a captura na carpeta Práctica_5_3xEy que está dentro da carpeta Arduino_3xEy que se atopa, á súa vez, dentro da carpeta do voso equipo 1516_3xEy.
Necesitas saber:
- Se colocas cada LED coa súa Resistencia ésta poderá estar antes ou despóis daquel.
- Dado que os LED van funcionar de un en un poderíamos simplificar o circuíto compartindo a resistencia. De facelo terá que estar no lado negativo dos LED xa que as conexións ós Pins 12 e 11 terán que ser directas.
Criterios de Cualificación das Montaxes (6 prácticas – 6 sesións). 200 ptos. cualificación máxima:
A falta de asistencia dalgún dos compoñentes do equipo suporalle un cero nas prácticas realizadas polo equipo nesa sesión.
- 15 ptos. Montaxes 1 a 4, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
- 40 ptos. Montaxe 5, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
- 50 ptos. Montaxe 6, mesmas condicións que anteriormente. Puntuación dobre se o LED verde dos peóns parpadea, mínimo dúas veces, antes de mudar a vermello.