Arduino_3: Blink co LED verde no Pin 12.

Blink (intermitente) co LED Verde no Pin 12. Enlace ó PDF de prácticas.

Nesta tarefa recollerase a puntuación obtida na sesión de montaxe da práctica no taller. Posteriormente realizaredes unha presentación colaborativa cos recursos (imaxes, vídeos) que debedes recoller de cada práctica e que se especifican a continuación.


 

Seguide estes pasos e veredes o sinxelo que resulta:


  1. Abre o IDE Arduino.
  2. Conecta a placa Arduino ó ordenador mediante o cable USB.
    • Se te pide instalar os Drivers da placa escolle sen conexión a internet, e que o atope no ordenador aceptando a ubicación suxerida. Acepta todo e Finaliza.
  3. Comproba en Ferramentas:
    • Placa: Arduinio UNO.
    • Puerto: COM * Arduino. (se non aparece, desconecta-conecta o cable USB para que instale os Drivers)
  4. Localiza en Archivo: Exemplos – Básicos – Blink e ábreo.
  5. Modifica o PIN e o tempo de acendido para que sexa de 3,5 segundos.
  6. Comproba a programación (clica no check).
  7. Envía o programa á placa Arduino clicando na frecha (parpadearán os leds Rx-Tx de comunicación).
  8. Coloca o LED verde e a resistencia na Placa de Prototipos conectando un cable vermello ó Pin 12 deixando o cable negro solto e que colocarás no Pin GND logo de que o profesor comprobe o circuíto. Comproba a colocación do LED: pata longa ou positiva hacia o positivo (Pin 12) e pata curta ou negativa hacia o Pin GND.
  9. Avisa ó profesor para que comprobe o circuíto, te indique que conectes o cable negro e anote a cualificación da práctica.
  10. Sitúa a placa Arduino sobre a Ficha da Práctica 3 cuberta cos datos do equipo (maiúsculas tipo imprenta).
  11. Copia no recadro “Programa” o código que figura no IDE Arduino. (Copia literal con especial coidado nos espacios, chaves, puntos e coma,...)
  12. Realiza unha foto que recolla toda a Ficha.
  13. Graba un vídeo duns 10-15 segundos que recolla a secuencia de funcionamento.
  14. Realiza unha captura de pantalla do código, só do código, e gárdaa co nome: “blink_pin12_3xEy” (escolle a extensión .png).
  15. Garda a imaxe, o vídeo e a captura na carpeta Práctica_3_3xEy que está dentro da carpeta Arduino_3xEy que se atopa, á súa vez, dentro da carpeta do voso equipo 1516_3xEy.




Necesitas saber:

  1. Unha Resistencia é un compoñente electrónico que consume enerxía e que colocado en serie con outro compoñente supón nel unha redución da Tensión de traballo. Compróbao nun simulador como o Crocodile modificando a súa resistencia para observar cómo varía a caída de potencial que provoca.
  2. A capacidade de oposición ó paso da corrente eléctrica dunha Resistencia mídese en Ohmios e reflíctese no exterior do compoñente mediante un código de cores que tes na túa caixa de compoñentes. Para esta montaxe empregaremos unha de 220 Ω coas cores vermello (2) – vermello (2) – marrón (1), 22 x 101 Ω.
  3. Atende ás explicacións sobre as conexións internas da Placa de Prototipos e respecta as aliñacións lonxitudinais positiva e negativa sinaladas coas súas respectivas cores, transversalmente os pines están conectados de 5 en 5.


Criterios de Cualificación das Montaxes (6 prácticas – 6 sesións). 200 ptos. cualificación máxima:

A falta de asistencia dalgún dos compoñentes do equipo suporalle un cero nas prácticas realizadas polo equipo nesa sesión.

  • 15 ptos. Montaxes 1 a 4, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
  • 40 ptos. Montaxe 5, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
  • 50 ptos. Montaxe 6, mesmas condicións que anteriormente. Puntuación dobre se o LED verde dos peóns parpadea, mínimo dúas veces, antes de mudar a vermello.