Actividade 03.01. Representación de obxectos tridimensionais. Diédrico.


Primeira sesión.
  1. Teredes a folla 3 dos apuntamentos de Diédrico  para realizar por parellas.
  2. Tedes 30 minutos para resolver as 10 pezas (debuxar as 3 vistas de cada unha delas). 
  3. De seguido pasades a vosa ficha á parella do mesmo número do equipo seguinte ó voso para que vola corrixa segundo as indicacións da ficha resolta e proxectada na pantalla. 
  4. Corrección con bolígrafo azul (10 minutos) Co-Avaliación:
      • Cada vista val un punto e só pode estar ben ou mal e está mal cando falta/sobra ou non está no seu sitio unha arista. Puntuación máxima 30 puntos. 
      • A distribución correcta de pranta, alzado e perfil val 1 punto en cada peza. Puntuación total de cada ficha 40 puntos.
  1. Repaso polos autores (5 minutos) Auto-Avaliación:
      • A ficha volve ós seus autores para repasar a corrección e autoavaliarse con bolígrafo vermello. 

Segunda sesión.
  1. O mesmo procedemento coa folla 4 dos apuntamentos de Diédrico.