Tarefa 01.02: Correo con copia
- "Para" (destinatario principal): tecnoeba@gmail.com
- "CC" (con copia, o destinatario está informado pero non ten que facer nada, o destinatario principal sabe desta copia): para o teu compañeiro de ordenador e co que formarás parella durante todo o curso.
- "CCO" (Con Copia Oculta, este detinatario coñece todo o anterior pero é invisible para todos os demais): para accionangel@gmail.com
- Saúdo (Estimado profesor, Estimado Sr., Ola Ángel, Ola a tod@s, etc.)
- Contido (Exposición dos motivos do correo ou información que se quere transmitir: preséntate, indica o teu curso, quen será a túa parella de traballo e o número de ordenador no que ides traballar -todo ben redactado-)
- Despedida (Un saúdo, Á espera das súas noticias reciba un cordial saúdo, etc.)
O grao de familiaridade nas expresións anteriores dependerá da relación remitente-destinatario.
Por último e máis importante, deberás indicar en "Asunto" un resumen do correo, lembra que Gmail permíteche gardar todos os correos e co tempo serache útil o seu buscador para atopar calquera envío indicando algunha palabra mencionada no "Asunto". Algúns exemplos poden ser: Solicitude de incorporación aos seus contactos,Presentación tecnoeba 1516 nome apelidos 3ºX equipo XX (ésta é a indicada para esta tarefa e, como podedes ver, indicaredes toda a información necesaria para a vosa clasificación na libreta de enderezos do profesor), Solicitude de información sobre ..., etc.
Esta información complementa á que xa liches no Libro "Pasaporte á Web 2.0", en concreto neste capítulo.
Ángel Acción Lamas: accionangel@gmail.com