Presupuesto

Dado o plano do Aula Taller e dispoñendo dun catálogo comercial, elabora un presupuesto de colocación dunha tarima flotante tendo en conta o seguinte:

  • Contempla a maiores da superficie necesaria un 10 % en concepto de recortes e estrago de material.
  • A tarima escollida irá apoiada directamente no chan sen accesorios de unión.
  • A tarima irá rematada no seu encontro cos paramentos verticais cun rodapé. Neste caso terase en conta un aproveitamento do 95 % (é dicir, comprar un 5% máis do que os cálculos nos piden).
  • Aplica un desconto do 15 % no custo dos materiais.
  • A man de obra está a 6 euros/hora.
  • Estimamos que o ritmo de colocación dada a dimensión do local é de 6 metros cadrados cada hora. Redondearemos á hora completa por exceso.
  • O IVE é do 21%.
O esquema da factura será o seguinte:

DescriciónPrezo unitarioUnidadesCusto
(Tarima) (superficie real)


(Rodapé) (lonxitude real)




Custo materiais


Desconto materiais


Total materiais
(Man de obra)




Custo materiais e colocación


IVE


Total Factura