Electricidade. Produción, Transporte e Facturación.
Requisitos de finalización
Apertura: sábado, 19 de marzo de 2016, 00:00
Cierre: lunes, 4 de abril de 2016, 00:55
Logo da sesión formativa impartida por Adrián sobre esta Presentación "Electricidade. Produción, Transporte e Facturación" aloxada en Drive da que terás que gardar unha copia na vosa carpeta de equipo co nome "EPTF_3X_EY" (onde X é o grupo de terceiro da ESO e Y o equipo dentro do grupo).
Nunha primeira fase, de equipo e sobre a copia do anterior nome, teredes que inserir un vídeo e, opcionalmente, unha imaxe esquemática do sistema de produción enerxética escollido polo voso equipo.
A exposición realizarase na segunda das sesións impartidas por Adrián á volta das vacacións de Semana Santa, ó remate das exposicións explicará a terceira fase que se desenvolverá na aula de informática sobre Facturación eléctrica na seguinte sesión.
A terceira fase de facturación eléctrica e que terá lugar na aula de informática xa é unha tarefa por parellas e, polo tanto, cada unha terá que facer unha copia da súa presentación "EPTF_3X_EY" e chamala "EPTF_3X_EY_NomeApelido_NomeApelido". Esta copia non debe estar na carpeta de equipo senón fora dela e dentro da carpeta persoal de cada un. Lembrade que quen faga a copia e a nomee ten que compartila coa súa parella e comprobar que a garda no lugar axeitado.
Unha vez rematada a terceira fase (ben na mesma terceira sesión, ben posteriormente na casa) teredes que entregar nesta Aula Virtual un pdf da Presentación final sen desfacer o formato e logo de rematadas as actividades alí indicadas. Comprobade que ó imprimir o pdf manteña o nome da presentación.
Os criterios de cualificación están especificados na mesma presentación e terá un máximo de 100 puntos.
Data límite de envío do pdf: 3 abril, ás 23:55.
Tamaño máximo do pdf: 50 Mb