Selección dun vídeo sobre máquinas térmicas e creación de cuestións

O obxectivo desta tarefa é que atopes un vídeo explicativo dunha das máquinas térmicas que vos prantexamos e que máis adiante analizaremos na aula.

Un dos modelos educativos que está a empregarse con resultados positivos en canto a motivación e participación do alumnado é o denominado "Flipped Clasroom" que de xeito resumido consiste en que o alumnado infórmase sobre un tema previamente ao seu desenvolvemento na aula. Poñendo un exemplo máis tradicional: a teoría na casa e os deberes na clase.

Unha vez rematado o tema de mecanismos imos coñecer as máquinas térmicas:
  • Motor de explosión alternativo de 4 tempos.
  • Motor alternativo diesel de 4 tempos.
  • Motor de explosión alternativo de 2 tempos.
  • Máquina de vapor.
A tarefa que vos propoñemos é que localicedes un vídeo explicativo dunha destas máquinas térmicas (duración máxima 10 minutos e recomendable de entre 3 e 6) e, logo de analizado, prantexedes un cuestionario de 3 preguntas de opción múltiple (cada pregunta terá 4 posibles respostas e unha única solución). Deste xeito confirmaremos que vistes o vídeo e o analizastes suficientemente para ser capaces de extraer os aspectos máis relevantes do mesmo.

A Rúbrica de avaliación desta tarefa será a seguinte (Puntuación máxima 100 ptos.):

20 ptos.O vídeo explica dun xeito ameno, claro e fiable o funcionamento da máquina proposta.
15 ptos.O vídeo explica suficientemente a máquina para este nivel educativo.
10 ptos.O vídeo sobrepasa o nivel amosado nos apuntamentos propostos para este tema.
05 ptos.O vídeo non abarca todo o proceso de explicación amosado nos apuntamentos propostos para este tema.

20 ptos.O vídeo vai acompañado dunha narración explicativa en español ou galego.
15 ptos.O vídeo vai acompañado dunha narración explicativa nunha lingua estranxeira pero dispón de subtítulos en galego ou español.
10 ptos.O vídeo non vai acompañado dunha narración explicativa pero inclúe mensaxes de texto suficientes.
05 ptos.O vídeo non vai acompañado dunha narración explicativa e non inclúe mensaxes de texto ou son insuficientes.

30 ptos.Realiza 3 preguntas axeitadas e relevantes respecto do contido do vídeo.
20 ptos.Realiza 3 preguntas pero non son todas axeitadas e relevantes respecto do contido do vídeo.
10 ptos.Realiza 1 ou 2 preguntas.
00 ptos.Non propón ningunha pregunta.

30 ptos.Para cada pregunta propón 4 respostas relacionadas co tema das que só 1 é a solución.
20 ptos.Para cada pregunta propón 3 respostas relacionadas co tema das que só 1 é a solución.
10 ptos.Para cada pregunta propón 4 respostas nas que claramente se deduce a solución.
05 ptos.Para cada pregunta propón 3 respostas nas que claramente se deduce a solución.


Para coñecer o tema que vos toca xa que é un traballo individual imos seguir o seguinte criterio segundo a orde de lista da clase:
  • Motor de explosión alternativo de 4 tempos. 1 - 5 - 9 -13 - 17 - 21 - 25 - 29 
  • Motor alternativo diesel de 4 tempos. 2 - 6 - 10 - 14 - 18 - 22 - 26 - 30 
  • Motor de explosión alternativo de 2 tempos. 3 - 7 - 11 - 15 - 19 - 23 - 27
  • Máquina de vapor. 4 - 8 - 12 - 16 - 20 - 24 - 28
Para enviar a tarefa terás que escribir todo no cadro de texto que che aparecerá logo de clicar no botón "Editar o meu envío" que tes debaixo deste enunciado.
Primeiro pega a url do vídeo e logo escribe as preguntas coas súas respostas marcando en negrita a solución.

Se non queres escribir as preguntas nun papel e logo trasladalas ao cadro de texto dunha sentada podes ilas traballando nun documento de texto (Word, OpenOffice, LibreOffice, Drive, bloc de notas, etc) e cando teñas todo preparado copiar e pegar nesta tarefa. Calquera dúbida podedesma plantexar enviándome un correo electrónico.


ESTA TAREFA TEN DATA DE ENVÍO FIXA E NON PRORROGABLE: DOMINGO 5 DE ABRIL ÁS 23:55.