Presentación por equipos sobre Materiais de Construción
Nesta ocasión imos realizar un pequeno traballo de investigación sobre materiais de construción, ímolos dividir segundo o seu uso e cada equipo realizará unha presentación en Google Drive dunhas 10 diapositivas (portada con título, autores, grupo e equipo, 8 diapositivas sobre materiais e contraportada cos créditos ou webgrafía consultada).
![Materiales de Construcción para 3ºA Materiales de Construcción para 3ºA](http://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/file.php/111/Materiales/MaterialesConstruccion_3A.jpg)
![Materiales de Construcción para 3ºC Materiales de Construcción para 3ºC](http://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/file.php/111/Materiales/MaterialesConstruccion_3C.jpg)
É importante que o enfoquedes cara ó que debería saber calquera persoa que no futuro compre, alquile ou teña que reformar unha vivenda. Cousas sinxelas que comprendades e que sexades capaces de explicar ós vosos compañeiros.
Con todas as presentacións se realizará unha como material de estudo e sobre a que realizaremos un exame.
Priorizade os gráficos e as imaxes representativas e esquemáticas.
A continuación tedes as fotografías do encerado coa distribución por equipos:
3ºA
![Materiales de Construcción para 3ºA Materiales de Construcción para 3ºA](http://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/file.php/111/Materiales/MaterialesConstruccion_3A.jpg)
3ºC
![Materiales de Construcción para 3ºC Materiales de Construcción para 3ºC](http://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/file.php/111/Materiales/MaterialesConstruccion_3C.jpg)
Lista de obxectivos:
- Título da Presentación (10%)
- Portada con título, autores, curso e grupo (10%).
- Indice(10%).
- Contido:
- Imaxes, composición (10%).
- Texto, tamaño, composición(10%).
- Enlaces (10%).
- Relevancia do contido e adecuación ao nivel (30%).
- Despedida e créditos ou webgrafía (10%).