Tarefa CQC14
Requisitos de finalización
Apertura: jueves, 16 de octubre de 2014, 09:20
Cierre: domingo, 16 de noviembre de 2014, 23:55
Xa tes o teu relato gardado no teu Drive e compartido con accionangel@gmail.com ou con sindo.fdez@gmail.com, agora terás que facer unha entrada no teu blog con dúas partes ben diferenciadas:
- Unha presentación e valoración persoal da tarefa realizada.
- O relato hipermedia (ten que estar o texto inserido na entrada cos enlaces comprobados, non se trata de adxuntar un arquivo nin de enlazalo ao teu Drive).
Esta narrativa hipermedia debedes ila incorporando ás vosas entradas do blog: cando faledes dunha aplicación que empregastes para facer un traballo pois enlazades a súa web á palabra do voso texto, se considerades cun termo empregado pode non ser entendido por alguén pois enlazádelo á Wikipedia ou á web onde consideredes que aclara o seu significado, etc.
Vamos, que incluades hiperenlaces.
Unha vez comprobado todo o anterior "Edita o envío" e pega a url acortada á entrada do teu blog onde teñas publicada esta tarefa.
Lembra editala e hiperenlazala de xeito que se poida clicar na url e se abra nunha nova xanela.
Unha vez o teñas enviado compróbao ti mesmo posto que aparece na seguinte xanela de confirmación do envío.