Tarefa 01.04: Carpeta compartida en Drive
Requisitos de finalización
Apertura: martes, 22 de septiembre de 2015, 10:15
Cierre: lunes, 5 de octubre de 2015, 00:55
Accede ao teu Drive dende a túa conta Gmail e crea unha carpeta que se deberá chamar 1516_4X_NomeApelidoApelido (X é a túa aula e pode ser A, B, C, ...)e compártea co teu profesor (accionangel@gmail.com ou sindo.fdez@gmail.com) de xeito que poida editar (clica na caixa de envío dun correo automático informando do feito).
Dentro desa carpeta aloxarás todos os arquivos (documentos, imaxes, etc.) precisos para as tarefas deste curso de informática organizados por carpetas temáticas:
- Imaxes
- Documentos
- Presentacións
Cada cousa que gardes nesa carpeta compartida co teu profesor asume as mesmas características de privacidad salvo que posteriormente modifiques individualmente os permisos de cada cousa.
En Drive os arquivos poden ser:
- Públicos (rastrexable por Google).
- Privados de xeito que só ti podes acceder.
- Privados de xeito que alguén (identificado cunha conta gmail) poda Editar/Comentar/Ver.
- Privados de xeito que calquera que reciba un enlace (vía correo electrónico ou publicado nunha web ou blog) poida Editar/Comentar/Ver.
Aínda que un autorizado puidese editar, só o propietario pode eliminar o recurso.
Todo documento de Drive garda un historial de xeito que se pode retroceder na súa edición a calquera intre. De feito o historial garda todas as edicións realizadas por tódolos usuarios editores.