Tarefa 02.01: Eu de maior quero ser ...
Requisitos de finalización
Antes de envialo revisa que cumpres o seguinte:
Apertura: domingo, 28 de septiembre de 2014, 09:00
Cierre: domingo, 16 de noviembre de 2014, 23:55
Nesta tarefa terás que indicar o enlace acortado á entrada do teu blog onde teñas publicada a túa presentación "Eu de maior quero ser..."
Antes de envialo revisa que cumpres o seguinte:
- A presentación ten título, contido e diapositiva de créditos.
- A presentación conta cun mínimo de
- 10 diapositivas.
- Unha imaxe
- Un vídeo
- Un enlace
- A presentacion está publicada no teu blog.
- A entrada inclúe unhas liñas na que falas do traballo feito, das ferramentas empregadas, dos enlaces que che recomendamos, outros enlaces empregados, etc.
- A entrada está etiquetada con inforeba1415.
IMPORTANTE:
Non esquezas comentar o proceso seguido, as webs empregadas, se houbo algún punto complicado, a túa valoración, etc.
Sempre terás que introducir o traballo realizado cunha pequena exposición e valoración.
Converte o enlace acortado nun hiperenlace.
Cando pegues a url na tarefa, seleccionaa e clica nas cadeas, pega na url o mesmo enderezo de antes e escolle que se abra nunha nova lapela.
Garda e comproba que logo de enviar a tarefa o teu enlace ábrese ao clicar sobre él.
Cando publiques a entrada no teu blog non esquezas Promocionala en G+, na nosa Comunidade Pública dentro da Publicación "Eu de maior quero ser".
O único que debes poñer no teu comentario é o estudio/profesión que queres facer/ser (Xardín de infancia, Fontanería, Deseñador gráfico, Mantemento de vehículos, Soldador, Esteticien, Comercial, etc)