Tarefa 01.05: Correo con adxunto
Requisitos de finalización
Apertura: domingo, 25 de octubre de 2015, 08:10
Cierre: lunes, 2 de noviembre de 2015, 23:55
Envía un correo electrónico aos teus compañeiros de equipo de xeito que cada un vexa os enderezos dos demáis pero non sexa destinatario principal e accionangel@gmail.com o vexa todo sen que ninguén o saiba.
- Asunto: 3xEyPz_Correo con imaxe adxunta
(Onde "x" é o grupo -A, B, C,..., G-, "y" o equipo -do 1 ao 5- e "z" a parella dentro do equipo -do 1 ao 3-)
- Texto:
Ola a todos,
envíovos a captura de pantalla do noso grupo na miña libreta de enderezos.
Un saúdo
- Adxunto: 3xEy_NomeApelido.jpg (onde "x" é o grupo -A, B, C,..., G- e "y" o equipo -do 1 ao 5-)
Pasos a seguir:
- Gmail --> Contactos --> Grupos --> Grupo nuevo --> Nome: "1516_3xEy" (onde "x" é o grupo -A, B, C,..., G- e "y" o equipo -do 1 ao 5-)
- Como está baleiro imos abaixo á dereita e clicamos en "Añadir persona" (imos introducindo os datos de cada compañeiro -enderezo e Nome Apelido-)
- Cando rematemos e vexamos a todos os compoñentes: Clicar na tecla "ImpPt" o "ImprPt" abreviatura de "imprimir pantalla" (aparentemente no pasa nada).
- Abrir Paint (no instituto: Inicio-Programas-Accesorios-Paint) e Edición-Pegar.
- "Guardar como" --> Nome: 3xEy_NomeApelido.jpg Destino: Escritorio.
- Subir a imaxe á carpeta persoal de Drive compartida co profesor.
- Redactar, segundo as instrucións arriba indicadas, e adxuntar a imaxe clicando no clip que hai á dereita do botón Enviar (buscar no explorador o arquivo e adxuntalo. Unha vez feito, Enviar.