Tarefa 12.01: Prezi
Requisitos do completado
Abertas: mércores, 24 de abril de 2013, 11:00 AM
Pendente: domingo, 26 de maio de 2013, 11:00 AM
O obxectivo deste tema de Redes Sociais (RRSS) é a capacitación para unha participación activa e responsable no uso das mesmas.
Tod@s sodes usuarios de, polo menos, unha rede social (Google+, Twitter, Facebook ou Tuenti) e seguro que a empregaredes con bastante asiduidade polo que podemos considerarvos expert@s no tema e imos aproveitar os vosos coñecementos e experiencias para "crear" contidos, neste caso a través dun Prezi.
Deberedes escoller unha RRSS e realizar un Prezi onde expliquedes en que consiste, cando xurde, o uso que se fai maioritariamente dela, que usos ou futuro pode acadar, o seu funcionamento (publicar, seguir, etc), precaucións, e todo aquelo que se vos ocurra que poidera ser de interese para, supoñamos, un futuro usuario moi desconfiado.
Importante:
Nesta tarefa cada alumn@ debe enviar o enlace á entrada do seu blog onde se inserira previamente o Prezi realizado.

- Unha presentación, sobre todo un Prezi, é fundamentalmente visual, debe amosar moi pouco texto (cuidado: sintetizar moito non é o mesmo que escribir pouco) polo que, chegado o caso, deberedes recurrir a inserir enlaces de ampliación (pdf aloxado de xeito público no voso Drive).
- A selección de imaxes será moi importante e debedes incluir cando menos un vídeo.
- Calquera documento creado é máis valorado cantos máis enlaces conteña dado que é síntoma dunha boa documentación.
- Por suposto un Prezi adopta todos os convencionalismos dunha presentación: portada (título,autor e "inforeba 12-13", contidos e créditos.