Tarefa 8.01: Folla de cálculo. Xestión familiar.
Requisitos do completado
Abertas: mércores, 23 de xaneiro de 2013, 7:30 AM
Pendente: domingo, 17 de febreiro de 2013, 7:30 AM
Na seguinte imaxe tes unha captura de pantalla dunha folla de cálculo sinxela para levar o control de ingresos e gastos dunha unidade familiar. Nesta tarefa terás que elaborar unha empregando a ferramenta online de Drive.
Clicade na imaxe para acceder á carpeta Inforeba 1213 onde poderedes ver esta imaxe máis ampliada e outras do curso (recentemente incluíuse "Axuda_Contabilidade Familiar").
As fórmulas indicadas poden variar para Google, por exemplo onde di SUMA o google emprega SUM.
Instrucións:

- Cada persoa elaborará a súa folla de cálculo de nome xestiónfamiliardenomeapelido.
- A folla de cálculo realizarase coa ferramenta online que ten Drive e estará compartido en modo privado e con inforeba.
- Nesta tarefa indicaredes os enlaces aos documentos poñendo o voso nome diante do enlace.
- Suxerencia de carácter voluntario: empregade un acortador de URL para non ter que copiar aquí un enlace longo. Recoméndovos o acortador de Google (Google Url Shortener) e Bitly (pegar a url longa arriba á dereita e clicar en "shorten")