Tarefa 2.01: Clasificación do blog por páxinas
Requisitos do completado
Abertas: xoves, 29 de novembro de 2012, 12:00 PM
Pendente: domingo, 13 de xaneiro de 2013, 12:00 PM
Xa vamos tendo moitas entradas no blog e comeza a ser complicado atopar cousas subidas fai tempo, necesitamos "etiquetar" as entradas e atopar un sistema para filtralas.
Un dos xeitos posibles é dispoñer no inicio do blog unha serie de pestañas cos nomes das temáticas ou agrupamentos nas que poidamos dividir todas as nosas entradas.
En principio, e salvo que alguén propoña outra cousa, imos etiquetar todas as entradas e colocar unha serie de pestañas, "páxinas" se chaman en blogger, de xeito que en cada páxina se atopen todas as entradas relacionadas cunha etiqueta.
Seguindo esta liña de deseño imos necesitar que creedes unha "páxina" ou pestaña denominada "inforeba_1213" onde se presenten todas as entradas etiquetadas como "inforeba" que serán todas as solicitadas nesta materia de informática.
Se queredes crear outra pestaña-páxina para Lengua Castellana, Música, ..., podedes facelo. As entradas persoais que non teñan relación académica podedes deixalas sen etiquetar ou etiquetalas sen asociar a ningunha pestaña-páxina en concreto ou, tamén, crearlles páxinas e etiquetalas.
Logo de "Enviar" comproba que funcione o enlace, un bo hábito.
Podes atopar "moito" sobre blogger no Scoop Tic & Educación de Gumer e sempre en Google.

- Envía o enlace ao teu blog logo de crear a pestaña-páxina "inforeba_1213". (Queremos entrar no blog e ver a pestaña fácilmente).