Tarefa 3.1: As vosas Libretas de Enderezos ou Lista de Contactos
Requisitos do completado
Abertas: domingo, 4 de novembro de 2012, 8:00 AM
Pendente: domingo, 18 de novembro de 2012, 8:00 AM
Logo de que vos enviemos a cada grupo-aula un correo coas direccións gmail persoais do alumnado do grupo, debedes incorporalos á vosa libreta de enderezos facendo un grupo que se denominará 1213_0x onde x é o número do voso grupo-aula.
Cada un de vos ten que enviar unha captura de pantalla (formato .jpg) onde se vexa o nome do grupo e os enderezos electrónicos de todos os vosos compañeiros (exemplo explicativo). O nome da imaxe/arquivo será o voso nomeapelido (sen puntos, sen maiúsculas, sen tildes, só un nome e só o primeiro apelido).
Clicade en "Cargar este ficheiro" para subilo ao A.V. e non cliquedes en "Enviar para corrixir" ata que non estean todos os arquivos subidos, independentemente de que se suban en distintos días.