Tarefa 5.0: Subscripcións RSS
Unha vez visionados os audiovisuais anteriores e posto que xa contas cunha conta gmail persoal debes afacerte ao Google Reader.
Suscríbete aos blogs de Angel (blogspot e wordpress) e Gumer (blogspot e wordpress), aos Scoops de Angel e Gumer relacionados coa Informática, a un par de páxinas ou blogs de temática relacionada coa materia e, por último, a 5 blogs relacionados coa temática do teu blog.
Organiza as suscripcións en 3 carpetas: Profes (ou Blogs de Profes), Informática, "O teu tema" (aquí porás o nome que máis se aproxime á temática do teu blog).
Nesta imaxe podes ver unha captura do Reader de Angel con un par de indicacións.
Cando o teñas todo fai unha captura de pantalla e dalle o seguinte nome:
rss_nomeapelido.jpg
Xa podedes respostar a esta tarefa subindo as imaxes.
Clicade en "Cargar este ficheiro" para subilo ao A.V. e non cliquedes en "Enviar para corrixir" ata que non estean todos os arquivos subidos, independentemente de que se suban en distintos días.