Tarefa: Colabora na creación de tres presentacións colaborativas en Google Docs sobre os riscos de Internet
Requisitos de finalización
Apertura: viernes, 4 de mayo de 2012, 20:00
Cierre: sábado, 2 de junio de 2012, 20:00
Debedes crear unha presentación colaborativa en Google Docs xunto cos compañeiros do grupo-aula de informática. Cada grupo debe crear tres diapositivas en distintas temáticas, cada diapositiva debe incluir:
- Os nomes dos autores no título xunto co grupo de xeito similar a: Manuel-Alberto_grupo.01.04
- Un vídeo de YouTube incrustado relacionado co tema (usar Insertar->Vídeo), xunto cunha pequena explicación do contido do vídeo. O vídeo non pode ser repetido, é dicir, debe verificarse que non foi elixido por un compañeiro con anterioridade. Procurade que sexa breve.
- O título e enlace a unha noticia na páxina Web dun medio de comunicación relacionada co tema, xunto cun extracto destacado da noticia.
A noticia non pode ser repetida, é dicir, debe verificarse que non foi elixida por un compañeiro con anterioridade.
Como mostra, pode verse a diapositiva creada por Ángel Acción Lamas napresentación sobre Grooming
Cada presentación só poderá ter un máximo de 20 diapositivas. Quere isto dicir, que se unha presentación xa contén as 20 debe elixirse outra.
Os riscos de Internet sobre os que traballaremos e os enlaces ás presentacións son os seguintes:
Como resposta a esta tarefa simplemente debedes indicar os tres riscos de Internet elexidos.