A HISTORIA DE BET E ALBA

INSTRUCIÓNS:

- Trátase dunha TAREFA a realizar en equipo utilizando diversas estruturas cooperativas
- Unha vez que teñades feitas as actividades das que consta esta tarefa deberedes subir o arquivo correspondente. A persoa encargada de subilo será o/a COORDINADOR/A seguindo estas indicacións:

TITORIAL

TAREFA

Actividade 1: O profesor/a entregará unha copia da historia de Bet e Alba que podedes atopar na páxina principal da Aula Virtual. Tedes que lela seguindo a técnica de lectura compartida, utilizando a numeración dos parágrafos incluída no texto.

Actividade 2:Cando rematedes a lectura, teredes que contestar ás seguintes cuestións, utilizando a técnica de lapis ao centro:

1. Identifica ao acosador e á/s vítima/s

2. Que tipo de acoso se leva a cabo nesta historia?Ten un nome específico?

3. Que riscos correron as rapazas desta historia?

4. Que fixeron correctamente?

Actividade 3:Utilizando a técnica de folio xiratorio, escribide as cuestións mais importantes a ter en conta nas redes sociais para evitar problemas como o ciberacoso, a sextorsión, o grooming…