Tarefa 5. Deseño de Personaxes. Animación e Interacións. 100 ptos. 7/11/2020.
Neste primeiro xogo debedes programar personaxes e escenarios de xeito que se cumpran as seguintes condicións:
- O voso Avatar moverase segundo o usuario manexe as teclas de dirección mudando de disfraz para simular o movemento.
- O obxecto da biblioteca relacionado co voso ODS moverase de xeito aleatorio, mudando de disfraz para simular o movemento se fose preciso.
- O meu Avatar, Neo, estará presente e perseguirá ao teu (tamén deberá simular movemento ao trasladarse).
- Programaredes algún cambio de escenario ou disfraz cando haxa algunha interacción entre os obxectos.
- Todas as interacións faranse con envío e recepción de mensaxes.
Envío do proxecto:
Cada quen envía nesta tarefa un texto similar a este coa correspondente personalización:
Neste enlace (enlace ao xogo na túa conta persoal de Scratch) atoparás o xogo titulado "Nome quere acadar o ODS nº X" , realizado por Nome Apelido de Curso/Grupo e a miña parella Nome Apelido de Curso/Grupo.
Permítense as reinvencións sempre e cando a copia sexa da parella e figure nos créditos.
Criteros de avaliación. 100 ptos:
- Texto de envío axeitado co enlace que abre en xanela nova. (10 ptos).
- Descripción do xogo: instrucións e créditos (autor e recoñecemento aos autores dos avatares empregados). (20 ptos).
- Xogo:
- Personaxes vectoriais con cambio de disfraces e movemento solicitado. (3 x 10 ptos)
- Interacción dos avatares con cambio de escenario e disfraces mediante mensaxes. (30 ptos).
- Creatividade: 10 ptos para aportacións non incluidas nas esixencias anteriores.
A cualificación máxima obterase entregando correctamente a tarefa antes das 23:55 do día sinalado no título da tarefa.
As entregas posteriores terán un desconto do 10% semanal en concepto de retraso ata un máximo do 40%.
As entregas posteriores á primeira cualificación do profesor (máximo 3) para corrixir ou mellorar nota terán un desconto do 10% en concepto de axuda do profesor.
Consello:
Unha vez enviado volves ao enunciado da tarefa e embaixo da mesma verás o que enviache e o mesmo que verei eu, comproba que funciona o enlace e que non esqueciche nada, se non fose así volve a editalo.
Titorial: Como facer un bo enlace.
- Selecciona o texto que queres que sexa un enlace a outro sitio.
- Clica na icona das cadeas (Enlace)
- Na xanela que se abre:
- "URL del hipervínculo", dirección á que queremos ir cando cliquemos no texto (que se volverá azul).
- Clica para escoller "Abrir en una ventana nueva", deste xeito abrirase o enlace nunha nova lapela do navegador e manteremos aberta na que estamos.
- Remátase clicando en "Crear enlace".