Tarefa 4: Crea o teu AVATAR. 100 ptos. 31/10/2020.

Creade, por equipos, a vosa personaxe que será, en lugar do gato de Scratch, o protagonista das vosas historias.

Debedes visionar os videotitoriais de páxina "Debuxando con Scratch" desta Aula Virtual.

Cada parella ten asignado un ODS (15 parellas para 15 ODS, o 9 e o 17 quedan orfos) e ocupan os ordenadores segundo o seu número saltándose o 9; o ordenador 1 para o ODS 1, ..., o ordenador 9 para o ODS 10, ... e o ordenador 15 para o ODS 16.

Condicións:

  • Realizado en Modo Vectorial (xa ven por defecto en Scratch 3.0).
  • Rematade a persoaxe e centrar os eixos antes de facer as copias do disfraz para as variacións (cada difraz debe ter un nome).
  • Debe contar cun mínimo de dous disfraces para simular o movemento.
  • O aspecto e nome da persoaxe terán relación co voso ODS.

Programación:

  • Que se sitúe en x= - 200 y= - 50 ao comezar o xogo e diga o seu nome durante 2 segundos.
  • Que se mova perseguindo o cursor do rato. Que ao moverse vaia cambiando de disfraz para simular movemento pero sen xirar sobre si mesmo nin moverse do revés. (Por sempre -bucle-)
  • Que se pare cando llega ao cursor do rato. (Si -condicional-)
  • Que sega a moverse cando movemos o rato de novo. (Si / Si no -condicional doble-) Pista: "Esperar hasta que..."
  • Se chegachedes hasta aquí, poderíades facer que cando a personaxe toque o cursor do rato cambie de cor, de expresión, ou algo así.

Edita o Scratch do seguinte xeito:

  • O título será o nome da personaxe.
  • En instrucións indicaredes: "Deseño do meu Avatar e que persegue ao cursor do rato".
  • Créditos: Idea orixinal de Nome Apelido de Programación de 2º da ESO.

Envía nesta tarefa o enlace hiperenlazado ao Scratch realizado, cada un ao seu.

  • Copia a URL da ventana na que aparece o xogo, as instrucións e créditos, ten unha estrutura similar a https://scratch.mit.edu/projects/233245974/
  • Entra nesta tarefa, clica en "Editar mi envío" e escribe:  "NOME" é o Avatar de Nome Apelido de Curso/Grupo e Nome Apelido de Curso/Grupo.
  • Selecciona "NOME", clica nas cadeas (Enlace), na caixa de texto cola a URL copiada, selecciona "Abrir en una ventana nueva" e remata clicando en "Cear enlace".
  • Clica en "Enviar".
  • Comproba que o enviado cumple todos os requisitos e que o enlace funciona.
Criterios de cualificación se a persoaxe está realizada en modo vector:
  • Ten disfraces de movemento (10 ptos) co eixo no mesmo sitio (10 ptos).
  • Aparece situado nas coordenadas sollicitadas e preséntase durante 2 segundos. 10 ptos.
  • Explícanos, a persoaxe, o porqué do seu deseño segundo o ODS escollido pola parella. 10 ptos.
  • Segue ao cursor logo de presentarse (5 ptos), permanece quieto cando o alcanza (5 ptos) e volve a seguilo cando moves o rato (5 ptos).
  • Creatividade: cambio de cor ou expresión cando alcanza ao cursor. 10 ptos.
  • Envío da tarefa segundo instrucións. 10 ptos.
  • Scratch con título, instrucións e créditos. 15 ptos.

A cualificación máxima obterase entregando correctamente a tarefa antes das 23:55 do día sinalado no título da tarefa.

As entregas posteriores terán un desconto do 10% semanal en concepto de retraso ata un máximo do 40%.

As entregas posteriores á primeira cualificación do profesor (máximo 3) para corrixir ou mellorar nota terán un desconto do 10% en concepto de axuda do profesor. 


Consello:

Unha vez enviado volves ao enunciado da tarefa e embaixo da mesma verás o que enviache e o mesmo que verei eu, comproba que funciona o enlace e que non esqueciche nada, se non fose así volve a editalo.

Titorial: Como facer un bo enlace.

  • Selecciona o texto que queres que sexa un enlace a outro sitio.
  • Clica na icona das cadeas (Enlace)
  • Na xanela que se abre:
    • "URL del hipervínculo", dirección á que queremos ir cando cliquemos no texto (que se volverá azul).
    • Clica para escoller "Abrir en una ventana nueva", deste xeito abrirase o enlace nunha nova lapela do navegador e manteremos aberta na que estamos.
  • Remátase clicando en "Crear enlace".