Tarefa 8. Presentación do ODS en vídeo. 100 ptos. 1/02/2020. Reaberto durante o confinamento.

Realiza un Scracth falando do teu ODS e rematando cunha pregunta a resolver coa axuda de internet (páxina do ODS na web da ONU) a modo de presentación e Reto 1 do Escape Room. O Scratch irá desenvolvéndose mediente diálogos por diferentes pantallas ata rematar na pregunta e posterior mensaxe de se é correcta ou non.

Exemplos de historias feitas con Scratch dos cursos anteriores:

Curso 2016/17. Temática: Culleredo.

Curso 2017/18. Temática: Culleredo.

Curso 2018/19. Temática: Mulleres STEM.

Entrega:

Unha vez rematado o Scratch copia a URL do teu Proxecto, que terá unha estrutura similar a https://scratch.mit.edu/projects/133458458/#player.

  • Clica embaixo en "Agregar Tarea" e na caixa de texto que se abre escribe: Título realizado por Nome e Nome de 2º X.
  • Selecciona o Título.
  • Clica na icona das cadeas (Insertar/Editar hipervínculo) e pega na caixa superior a URL do teu proxecto (Botón Dereito - Pegar)
  • Escolle "Abrir en ventana nueva" na caixa de texto "Destino".
  • Escribe na caixa de texto "Título": "Ligazón ao proxecto en Scratch. Abre en xanela nova". 
  • Remata clicando en "Insertar". Xa tes o teu Proxecto enlazado (o título está en azul).
  • Ahora envía a túa tarefa clicando no botón "Guardar Cambios".

Criterios de cualificación (100 ptos - 10% por cada semana de retraso):

  • Título do xogo hiperenlazado que abra en xanela nova e teña título de accesibilidade (a onde leva e como abre). 10 ptos.
  • Título do Scratch (máximo 6 palabras). 5 ptos.
  • Instrucións do xogo (Vídeo explicativo do ODS Nº XX "Título" con pregunta final). 10 ptos.
  • Créditos: Realizado en colaboración con Nome e con imaxes procedentes de Pixabay (Wikipedia, ...) con licencia Dominio Público. 5 ptos.
  • Contido:
    • Presentación do Scratch polas duas personaxes creadas polos autores (se a parella so creou unha entón incorporará a Neo e o referenciará nos créditos). 10 ptos.
    • 6 imaxes relacionadas co voso ODS de fondo da historia (todas as imaxes deben ser da mesma plataforma e de Dominio Público (Pixabay, Wikipedia,...). 10 ptos.
    • Os cambios de narrador realizaranse mediante mensaxes (cando remata unha personaxe envía unha mensaxe que so recibila outra comeza a falar) do mesmo xeito que os cambios de escenario. 10 ptos.
    • Calidade da historia, debe ser entretida e educativa (busca de curiosidades ou datos rechamantes). 10 ptos.
    • Corrección ortográfica e de expresión. 10 ptos (se hai unha soa falta non puntúa este apartado). Obrigatorio en Galego.
    • Pregunta axeitada con resposta accesible e inequívoca (nome, data, cidade, ..., unha soa palabra e que admita todo maiúsculas, todo minúsculas e ben escrito). 10 ptos.
    • Pantalla final coa indicación de se a resposta é correcta ou non. 10 ptos.

As entregas posteriores ao 1 de febreiro terán un desconto de 10 ptos por semana ata un máximo de 50 ptos, o 2 xa descontaría os primeiros 10 ptos.

As segundas correccións conlevan un desconto de 10 ptos.

O 14 de marzo péchase o aula virtual para a 2ª avaliación.

As entregas realizadas durante o CONFINAMENTO terán un desconto do 20% en concepto de retraso.