Tarefa 7: Labirintos. Programa. 100 ptos. 4/01/2020. 2ª Av. Reaberto con desconto durante o confinamento.

Tarefa de entrega individual e realización por parellas. 100 ptos. Data de Entrega 14 de decembro.

Data de Entrega 28 de decembro 4 de xaneiro con desconto para entregas posteriores a razón de 10 ptos semanais, o  29 5 xa desconta a primeira semana. Desconto máximo por retraso 50 ptos.

Neste 1º RETO tes que Deseñar un Xogo de Labirinto na túa conta persoal de Scratch.

O labirinto debe incluir unha imaxe de portada con Licencia CC na que a túa personaxe saúde ou presente o xogo.

Esta tarefa recolle a puntuación da parte creativa do voso labirinto.

Se clicas na seguinte imaxe podes acceder ao meu (programación incompleta).

Tes internet para investigar e/ou inspirarte pero xa te recomendo este capítulo do Libro "Videotitoriais SCRATCH" que tes nesta Aula Virtual e tamén poderías xerar un dos laberintos  empregando o Xerador comentado neste artigo de Microsiervos.

Tamén podes ollar os estudios de labirintos dos cursos pasados: ieseba_16_labirintos, ieseba_17_labirintos.

Entrega (tes que repetir o xa feito na primeira parte da Tarefa de Labirintos):

Unha vez rematada a edición da información copia a URL do teu Proxecto, que terá unha estrutura similar a https://scratch.mit.edu/projects/133458458/#player.

  • Clica embaixo en "Agregar Tarea" e na caixa de texto que se abre escribe o título do teu proxecto e o teu nome (autor).
  • Selecciona o Título.
  • Clica na icona das cadeas (Insertar/Editar hipervínculo) e pega na caixa superior a URL do teu proxecto (Botón Dereito - Pegar)
  • Escolle "Abrir en ventana nueva" na caixa de texto "Destino".
  • Escribe na caixa de texto "Título": "Ligazón ao proxecto en Scratch. Abre en xanela nova". 
  • Remata clicando en "Insertar". Xa tes o teu Proxecto enlazado (o título está en azul).
  • Ahora envía a túa tarefa clicando no botón "Guardar Cambios".

Criterios de cualificación:

  • Dado o carácter creativo non procede listar obxectivos, os 100 ptos irán para os máis creativos e de ahí proporcionalmente cualificaranse os demáis.
  • Se houbera reenvíos por comentarios do profesor descontaranse 5 ptos por cada un deles.

Ideas ou Suxestións:

  • Labirinto para 2 xogadores.
  • Máis fondos-nivéis.
  • Efectos visuais
  • Menú de opcións no comezo do xogo.
  • Marcadores (nivel de pantalla, puntos, ...)

Se non hai envío ou entrega non hai cualificación, aínda que si exista o xogo e se tivera entregado na outra parte ou tarefa. O enlace será ao xogo na conta persoal en Scratch do remitente.

As entregas posteriores ao 4 de xaneiro terán un desconto de 10 ptos por semana ata un máximo de 50 ptos, o 5 xa descontaría os primeiros 10 ptos.

As segundas correccións conlevan un desconto de 10 ptos.

O 14 de marzo péchase o aula virtual para a 2ª avaliación.

As entregas realizadas durante o CONFINAMENTO terán un desconto do 20% en concepto de retraso.