Xogo de Variables e Clons. Documentación. 100 ptos. 11 de maio. Reaplazado hasta el 18.

Nesta ocasión volvedes a ter liberdade creativa pero coas seguintes características:

  • Debe conter variables, a lo menos 2 marcadores (vidas, tempo, puntos, ...)
  • Debe traballar con clons (enemigos a destruir, obxectos a recoller, ...)
  • Se a elección é unha variante do Flappy Bird debedes simular a gravidade, é dicir, o obxecto cae por si mesmo, serán os cursores os que o manteñan no aire. E tamén dispoñer de dous marcadores (dúas variables).
  • Sempre deben existir varias pantallas ou niveis, mínimo 3 de xogo, logo a portada explicativa e a de remate.

Procedemento de entrega e Criterios de Cualificación:

  • Envía o enlace ao Scratch (páxina do proxecto) na túa conta. Título enlazado, que abra en xanela nova e co título (terceira caixa de texto) "Enlace ao Scratch. Abre en xanela nova". 20 ptos.
  • Título creativo, 10 ptos (5 polo título e 5 pola creatividade do mesmo).
  • Instruccións completas, 20 ptos (historia, 5; obxectivo, 5 e instrucións de manexo 10 ptos).
  • Créditos (Nome sen Apelido, Programación 2º ESO e IESEBA). 10 ptos.
  • Música CC (Creative Commons). 20 ptos (debe indicarse nos créditos). Título (5), Autor (5), Aloxamento (5), Licencia (5).
  • Imaxes CC (Creative Commons). 20 ptos. (deben indicarse nos créditos). Título (5), Autor (5), Aloxamento (5), Licencia (5).
  • Advertencia: comprobarase a exactitude das referencias e deberá ser posible chegar á obra empregada introducindo a información facilitada no buscador de Google.

O AULA VIRTUAL PECHA ESTA TAREFA O (4) 11 DE MAIO ÁS 23:55. NON SE PODE ENTREGAR NIN SE AVALIARÁN ENTREGAS POR CORREO LOGO DESA DATA.