Descubrir CULLEREDO. O Xogo. Creatividade. 100 ptos. 4 de marzo.
Tarefa de entrega individual e realización por parellas. 50 ptos. Data de Entrega 4 de marzo. O 11 de marzo péchase a tarefa.
Neste 2º RETO tes que Deseñar un Xogo ambientado en CULLEREDO na túa conta persoal de Scratch.
O xogo debe incluir unha imaxe de portada realizada por vos cos vosos móbiles ou cámaras dixitais e na que a túa personaxe saúde ou presente o xogo.
Tes internet para investigar e/ou inspirarte pero xa te recomendo os capítulos 5 (Videotitoriais de Héctor de las Heras) e 6 (Videotitoriais de Sergio Palay) do Libro "Videotitoriais SCRATCH" que tes nesta Aula Virtual.
Tamén podes ollar o estudio de labirintos do curso pasado: ieseba_16_Culleredo.
Entrega (tes que repetir o xa feito na primeira parte da Tarefa de Descubrir Culleredo):
Unha vez rematada a edición da información copia a URL do teu Proxecto, que terá unha estrutura similar a https://scratch.mit.edu/projects/133458458/#player.
- Clica embaixo en "Agregar Tarea" e na caixa de texto que se abre escribe o título do teu proxecto e o teu nome (autor).
- Selecciona o Título.
- Clica na icona das cadeas (Insertar/Editar hipervínculo) e pega na caixa superior a URL do teu proxecto (Botón Dereito - Pegar)
- Escolle "Abrir en ventana nueva" na caixa de texto "Destino".
- Escribe na caixa de texto "Título": "Ligazón ao proxecto en Scratch. Abre en xanela nova".
- Remata clicando en "Insertar". Xa tes o teu Proxecto enlazado (o título está en azul).
- Ahora envía a túa tarefa clicando no botón "Guardar Cambios".
Criterios de cualificación (100 ptos):
- Dado o carácter creativo non procede listar obxectivos, os 100 ptos irán para os máis creativos e de ahí proporcionalmente cualificaranse os demáis.
Ideas ou Suxestións (cada unha podería corresponder cun 10% da nota):
- Imaxes propias.
- Nivel de interacción co usuario ou xogador.
- Número de escenarios ou niveis.
- Efectos visuais.
- Efectos sonoros.
- Inclusión de mapas (google maps).
- Menú de opcións no comezo do xogo.
- Marcadores (nivel de pantalla, puntos, ...)
- Páxina final de despedida e cos créditos.
- Otros.
Se non hai envío ou entrega non hai cualificación, aínda que si exista o xogo e se tivera entregado na outra parte ou tarefa. O enlace será ao xogo na conta persoal en Scratch do remitente.