Tarea 1.1: HOLA MUNDO en Scratch. 100 ptos. Data de entrega: 8 de outubro retrasado ao 15.
Requisitos de finalización
Apertura: viernes, 15 de septiembre de 2017, 01:00
Cierre: lunes, 9 de octubre de 2017, 00:55
Cando un comeza cun novo programa adóitase chamar "HOLA MUNDO" á primeria realización. Neste caso, logo de rexistrarte en Scratch, terás que enviar nesta tarefa o enlace ao teu primeiro programa.
Fases:
- Rexistro en Scratch. Visiona este vídeo "Crear un usuario en Scratch" (3.20 min) que tienes en el Libro "SCRATCH" de este tema 1 del Aula Virtual.
- Precisarás o teu correo Gmail tanto para darte de alta como para poder entrar nel logo de que Scratch te envíe un correo para confirmar que eres unha persoa física e que o teu correo corresponde co usuario creado.
- O usuario Scratch debe ser o máis "transparente" posible, nomeapelido, apelidonome, primeiras letras do nome e apelido, ou algo así. Falaremos das vantaxes e inconvintes dos usuarios transparentes.
- O primeiro programa consiste en que, polo menos, o gato diga o teu nome (como se foses ti o que se presentase ao mundo). O título será "HOLA MUNDO". Antes de nada visiona os vídeos "Introducción a la herramienta Scratch" (4.28 min) e "Instrucciones de Scratch" (15.54 min).
- Unha vez feito terás que compartilo para que sexa visible para todo o mundo (enviarache un correo para confirmalo, fíxate nas mensaxes que poden aparecer [en verde ou en marelo]).
- Unha vez o teñas compartido co mundo, edita as instrucións, créditos e etiquetas do seguinte xeito:
- Instrucións. O meu primeiro Scratch, presentándome ao mundo.
- Créditos. Realizado por Nome Apelido.
- Etiquetas. ieseba17
- Copia a URL da ventana na que aparece o xogo, as instrucións e créditos.
- Entra nesta tarefa, clica en "Editar mi envío" e escribe: Este é o meu primeiro programa.
- Selecciona "meu primeiro programa", clica nas cadeas (Insertar/editar hipervínculo), na primeria caixa de texto pega a URL copiada, na segunda selecciona "Abrir en xanela nova" e na terceira escribe "Ligazón ao Scratch de presentación de Nome Apelido. Abre en xanela nova".
- Clica en "Enviar".
- Comproba que o enviado cumple todos os requisitos e que o enlace funciona.
Criterios de cualificación:
- Sobre 100 ptos vanse descontando 10 ptos por cada erro ou ausencia respecto do solicitado.
- Logo do 15 descontaranse 10 ptos por cada semana de retraso. Máximo desconto por retraso: 50 ptos.