2.4. Actividade Aula Informática. Prácticas Arduino. (Reaberto ata o 23 de abril ás 23:55, con desconto)
Actividade a realizar na Aula de Informática durante 4 sesións por semiequipos, organizádevos para que en cada un haxa un móbil.
O obxectivo da actividade é deseñar o programa de control dos semáforos da vosa maqueta así como realizar as conexións dos seus compoñentes sobre placa de prototipos.
A actividade divídese en 5 prácticas das cales eu farei a primeira e serviravos de exemplo do que tedes que facer, que podería resumirse no seguinte:
Cada semiequipo empregará un ordenador co software IDE ARDUINO e unha bandexa de materiais da que se responsabilizará un de vós.
Recolleredes as prácticas nunha copia personalizada desta PLANTILLA DA MEMORIA DE PRÁCTICAS DO CONTROL SEMAFÓRICO CON ARDUINO.
O primeiro paso será aloxar nas vosas carpetas de equipo esta carpeta 1617_Arduino_3xEyA/B que conten a estrutura inicial, as producións da 1ª práctica e outras informacións.
A práctica 5 tédela que facer por equipos, precisades o material do outro semiequipo. Pero non podedes axudalos mentres non acabedes a práctica 4, e farédelo para poder comezar a derradeira.
Para a realización dos vídeos (10-15 segundos) e as fotos precisades do móbil, contaredes con WIFI por se queredes aproveitar para subilos á carpeta de semiequipo no voso Drive.
Cada un de vos ten que aloxar, coas características indicadas, os 4 vídeos en cadansúa canle de YouTube (haberá tarefa independiente para puntualo). Existe unha posibilidade recente de inserir un vídeo aloxado en Drive directamente nunha presentación,
AVISO: PROBLEMAS ao querer CAMBIAR O NOME á carpeta 1617_Arduino_3xEyA/B unha vez gardada no voso Drive.
Posibles solucións:
- Ao clicar no enlace de arriba e "Añadir a Mi Unidad", o problema é que non deixa logo cambiar o nome, pois creades unha carpeta e pasades os arquivos, que xa están no voso Drive, á nova.
- Clicar nesta carpeta comprimida 1617_Arduino_3xEyA-B.zip, aloxala na vosa carpeta de equipo de Drive e alí descomprimila. (O procedemento máis longo dos propostos, máis de 15 minutos)
- Crear manualmente as carpetas de semiequipo 1617_Arduino_3xEyA/B na carpeta de cada equipo (mesmo procedemento para a carpeta Práctica1) e logo crear copia de cada un dos meus ficheiros e gardalos nas vosas carpetas.
A verdade é que o mínimo imprescindible sería crear a carpeta de semiequipo y logo gardar nela a copia da presentación. Os meus exemplos e titoriais xa os tedes na Aula Virtual. Eso sí, tedes que crear as 4 carpetas das correspondentes prácticas.
Criterios de Cualificacion (100 ptos)
Para avaliar esta tarefa terás que escribir na caixa de texto situada embaixo o seguinte:
Práctica realizada polo semiequipo Y-A/B de 3ºX composto por Nome Apelido, Nome Apelido e Nome Apelido á que podes acceder clicando neste enlace. (Na expresión "neste enlace" inseride o enlace á vosa presentación).
- Presentación (90 ptos)
- Códigos prácticas 2, 3 e 4. (30 ptos)
- Vídeos inseridos 2, 3 e 4. (30 ptos)
- Imaxes 2, 3 e 4: (30 ptos)
- Carpeta Drive Semiequipo (10 ptos):
- Vídeos (5 ptos)
- Imaxes (5 ptos)
Primeira entrega: 26/03/17. Reaberto con desconto de 10 ptos por retraso.