Arduino_6: Cruce semafórico.

Control dun cruce de rúas con 2 Semáforos de coches e peóns.  Enlace ó PDF de prácticas.

Semáforo 1: 

LED VerdePeóns no Pin 12, 

LED VermelloPeóns no Pin 11, 

LED VermelloCoches no Pin 10, 

LED VerdeCoches no Pin 9,

LED AmbarCoches no Pin 8.

Semáforo 2: 

LED VerdePeóns no Pin 7, 

LED VermelloPeóns no Pin 6, 

LED VermelloCoches no Pin 5, 

LED VerdeCoches no Pin 4, 

LED AmbarCoches no Pin 3.


Nesta tarefa recollerase a puntuación obtida na sesión de montaxe da práctica no taller. Posteriormente realizaredes unha presentación colaborativa cos recursos (imaxes, vídeos) que debedes recoller de cada práctica e que se especifican a continuación.


Seguide estes pasos e veredes o sinxelo que resulta:


  1. Abre o código de programación do anterior circuíto.
  2. Modifica o código necesario para simular o funcionamiento de 2 semáforos que controlen un cruce de rúas de sentido único. Reparte os tempos para que cada ciclo teña unha duración de 5 segundos.
  3. Opcional: o semáforo verde dos peóns parpadea antes de mudar a vermello (a práctica puntuará dobre).
  4. Comproba a programación (clica no check).
  5. Envía o programa á placa Arduino clicando na frecha (parpadearán os leds Rx-Tx de comunicación).
  6. Coloca os LED empregando só 4 resistencias na Placa de Prototipos utilizando os cables vermello-verde-amarelo para os respectivos LED deixando o cable negro solto e que colocarás no Pin GND logo de que o profesor comprobe o circuíto.
  7. Avisa ó profesor para que comprobe o circuíto, te indique que conectes o cable negro e anote a cualificación da práctica.
  8. Sitúa a placa Arduino sobre a Ficha da Práctica 6 cuberta cos datos do equipo (maiúsculas tipo imprenta).
  9. Copia no recadro “Programa” o código que figura no IDE Arduino. (Copia literal con especial coidado nos espacios, chaves, puntos e coma,...)
  10. Realiza unha foto que recolla toda a Ficha.
  11. Graba un vídeo duns 15-20 segundos que recolla a secuencia de funcionamento.
  12. Realiza unha captura de pantalla do código, só do código, e gárdaa co nome: “semaforo_dobre_3xEy” (escolle a extensión .png).
  13. Garda a imaxe, o vídeo e a captura na carpeta Práctica_6_3xEy que está dentro da carpeta Arduino_3xEy que se atopa, á súa vez, dentro da carpeta do voso equipo 1516_3xEy.


Necesitas saber:

  1. Se colocas cada LED coa súa Resistencia ésta poderá estar antes ou despóis daquel.
  2. Dado que os LED van funcionar de un en un poderíamos simplificar o circuíto compartindo unha resistencia os LED do semáforo de peóns e outra os LED do semáforo dos coches. De facelo terán que estar no lado negativo dos LED xa que as conexións ós Pins de control terán que ser directas.


Criterios de Cualificación das Montaxes (6 prácticas – 6 sesións). 200 ptos. cualificación máxima:

A falta de asistencia dalgún dos compoñentes do equipo suporalle un cero nas prácticas realizadas polo equipo nesa sesión.

  • 15 ptos. Montaxes 1 a 4, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
  • 40 ptos. Montaxe 5, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
  • 50 ptos. Montaxe 6, mesmas condicións que anteriormente. Puntuación dobre se o LED verde dos peóns parpadea, mínimo dúas veces, antes de mudar a vermello.