Proxecto colaborativo: Curta de educación viaria. Realizar antes do 30 de abril.
Requisitos de finalización
Apertura: sábado, 19 de marzo de 2016, 00:00
Cierre: domingo, 1 de mayo de 2016, 00:55
Envía (1) o enlace hiperenlazado (2) á curta elaborada polo teu equipo e aloxada na túa canle de Youtube (o mesmo vídeo debe estar aloxado en cada unha das vosas canles de YouTube).
Cando subades a curta a YouTube nomearédela co seu Título e na Descripción tendes que indicar:
Curta sobre educación viaria realizada por (Nome e Apelido de cada un dos compoñentes do equipo) para a materia de Tecnoloxía do IES Eduardo Blanco Amor.
Curso académico 2015-16.
Profesor: Ángel Acción Lamas.
Licencia: CC-BY-NC-ND.
Breve resume da historia que narrades na curta.
E escolleredes no lugar oportuno a Licencia Creative Commons e non a de YouTube standard.
O vídeo terá unha portada co Título e unhs créditos finais onde incluiredes:
- Título.
- Autores (Nome e Apelido)
- Actores se os hai, indicando Nome e Apelido así como o papel que interpreta.
- IES Eduardo Blanco Amor
- Tecnoloxía 2015-16
- Profesor: @angelaccion
A duración da curta será maior de 1 minuto e menor de 5.
A temática será a máis próxima á vosa idade e procurará tratar situacións nas que poidades encontrarvos como:
- Camiñar cos cascos e música a toda pastilla ó mesmo tempo que ides wasapeando no momento de cruzar unha rúa, aínda que sexa por un paso de peóns.
- Camiñar polo arcén con pouca luz e roupa escura.
- Ir de paquete sen casco nunha moto.
- Facer tolerías coa moto ou coa bicicleta.
- Circular pola rúa coa bicicleta, ou pola beirarrúa (respecto ós peóns).
- Cruzar rúas ou vías do tren por sitios indebidos.
- Ir correndo pola beirarrúa e cruzar por un paso de peóns.
- Ir no coche sen o cinturón de seguridade.
- Xogar e gritar dentro do coche despistando ó conductor.
- ...
A técnica é totalmente libre:
- Grabación co móbil ou cámara.
- Con persoas recoñecibles ou non.
- Con monecos, recortables, plastilina, ...
- Edición de vídeo a partires de imaxes fixas.
- Realizadas por vos.
- Atopadas en internet, terán licencia CC, buscádeas en Flickr ou en Google seleccionando imaxes para reutilización.
- Con son ou sen él.
- Con narrador, con subtítulos, o con ningún deles.
- Tamén podes empregar recursos dixitais como Tellagami, Animoto, ... para facer o teu vídeo dixital. (Neste caso tendes que comentalo co profesor).
Inspírate e aprende ollando estes vídeos.
Lembrade que todas as persoas recoñecibles que saian na vosa curta deberán ter asinado unha autorización que vos facilitarei, se ten 14 anos asinará ela mesma e se é menor faranno os pais.
(1) Escribe na caixa de texto que aparece cando cliques en "Editar o meu envío" situado abaixo desta tarefa
(2) Para que un texto ou dirección quede hiperenlazado e calquera ó clicar nel vaia directamente ó enlace:
- Entra na túa canle de YouTube, reproduce o vídeo e copia a url ou dirección que aparece enriba.
- Na caixa de texto de "Editar o meu envío" escibe o título que lle puxestes ó vídeo.
- Selecciónao.
- Clica no botón das cadeas situado na barra de ferramentas.
- Na xanela que se abre cola (pega) a url ou dirección do vídeo (que xa copiache) na primeira casilla.
- Escolle en "Destino" "Nueva ventana".
- Garda.
- Observarás que o texto ou url mudou a súa cor, agora é azul.
- Garda ou "Envía".
Comproba que funciona, se non fose así edítao e corrixe.
Criterios de Cualificación (máximo 100 puntos):
- Participación na realización do vídeo: 20 ptos.
- Créditos ó final do vídeo segundo instrucións arriba indicadas: 20 ptos.
- Aloxamento do vídeo grupal na canle propia de cada alumno: 20 ptos.
- Título, descripción e licencia do vídeo en YouTube: 20 ptos.
- Envío do enlace ó vídeo a través desta tarefa segundo instrucións arriba indicadas: 20 ptos.
Esta tarefa pemanecerá aberta para o envío dos vosos enlaces ata o 30 de Abril ás 23:55 horas. Os vídeos aloxados en YouTube con posterioridade ó 17 de maio non serán cualificados.