Tarefa 04.02: Pinea a túa mensaxe ó taboleiro colaborativo

Se na tarefa anterior creache a túa mensaxe de denuncia, reflexión ou acompañamento con motivo do "Día contra a violencia de xénero" e a publicache no teu blogue, agora toca compartila no taboleiro colaborativo de Pinterest "inforeba1516".

Cando o teñas feito (e comprobado) indicao nesta tarefa escribindo a seguinte mensaxe:
Xa contribuín co meu PIN á campaña contra a violencia de xénero.

Unha vez recibamos este aviso pasaremos a comprobalo no citado taboleiro e cualificaremos o "pineado".