Croquis e plano a escala da vivenda propia

Esta tarefa é voluntaria e non forma parte do conxunto de tarefas que, sumando 2000 puntos, conforman a avaliación de xuño. Polo tanto esta actividade pode axudarvos tanto a aprobar como a subir a nota media da materia.

A cualificación máxima é de 100 puntos e inclúe:
Croquis en DIN A-4 coas medidas da vivenda.
Plano a escala 1/50 sen acoutar en formato DIN A-3 pregado segundo instrucións de clase. O nivel de concreción será similar ao representado neste pdf aínda que tamén podede servirvos de axuda esta representación doutra vivenda.

A data de entrega, sen prórroga posible, é o luns 1 de xuño.

Para acadar a cualificación máxima o traballo terá que estar correctamente realizado e para elo contaredes coa miña axuda por correo electrónico (accionangel@gmail.com) e coas correccións presenciais que acordemos.