Presentación por equipos sobre Materiais de Construción

Nesta ocasión imos realizar un pequeno traballo de investigación sobre materiais de construción, ímolos dividir segundo o seu uso e cada equipo realizará unha presentación en Google Drive dunhas 10 diapositivas (portada con título, autores, grupo e equipo, 8 diapositivas sobre materiais e contraportada cos créditos ou webgrafía consultada).

É importante que o enfoquedes cara ó que debería saber calquera persoa que no futuro compre, alquile ou teña que reformar unha vivenda. Cousas sinxelas que comprendades e que sexades capaces de explicar ós vosos compañeiros.

Con todas as presentacións se realizará unha como material de estudo e sobre a que realizaremos un exame.

Priorizade os gráficos e as imaxes representativas e esquemáticas.

A continuación tedes as fotografías do encerado coa distribución por equipos:
3ºA
Materiales de Construcción para 3ºA

3ºC
Materiales de Construcción para 3ºC

Lista de obxectivos:
  1. Título da Presentación (10%)
  2. Portada con título, autores, curso e grupo (10%).
  3. Indice(10%). 
  4. Contido:
    1. Imaxes, composición (10%).
    2. Texto, tamaño, composición(10%).
    3. Enlaces (10%).
    4. Relevancia do contido e adecuación ao nivel (30%).
  5. Despedida e créditos ou webgrafía (10%).