Proxecto Aprendizaxe-Servizo Maiores 2023/24
Diagrama de temas
-
Tema: conversando cos nosos maiores
Curso/Grupo: alumnado de oratoria de 3º de ESO
Profesorado: Yolanda e Vanessa (Equipo da biblioteca e do EDLG)
Hoxe o alumnado de Oratoria de 3° ESO visitou o Centro de Día do Burgo para entrevistar algunhas persoas usuarias deste. Gravaron as entrevistas en audio e logo nas clases elaborarán uns falangullos (podcasts) que se lle pasarán á responsable do centro para que se lle entreguen ás persoas entrevistadas. Tanto alumnado como as persoas maiores quedaron encantados/as coa experiencia! Pódese escoitar as gravacións na seguinte carpeta: CARPETA DE GRAVACIÓNS