Opciones de matriculación

Desde aquí incidiremos para unha efectiva Atención á Diversidade no Centro. Veremos de axudar sobre todo ao noso alumnado con necesidades educativas específicas (ANEAE/ANEE), a alcanzar os obxectivos curriculares mínimos e a integrarse socialmente no ámbito escolar. En colaboración co profesorado das respectivas materias, trataremos de conectar cos seus intereses e os contidos que se estean a traballar na aula ordinaria, procurando que desenvolvan estratexias e habilidades para a súa asimilación e xeneralización a contextos diversos, especialmente no marco das competencias clave.
O alumnado poderá acceder a esta A.Virtual coa súa conta de usuario. Se non a ten actualizada ou esqueceu os seus datos-contrasinal, pode solicitar modificacións a través deste enlace á web do centro. (Vídeo Explicativo)
Ao longo do curso, presentamos actividades concretas para todos e cada un dos nosos alumnos e alumnas, a través da plataforma dixital CLASROOM* (*antes de abrir este enlace, asegúrate de ter iniciada nela a túa propia sesión)
Na páxina web do centro, temos tamén un  apartado onde colgamos puntualmente resumos de actividades transversais nas que participamos:  https://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/taxonomy/term/62

                                                          Mª CARMEN OTERO SÁNCHEZ, profesora de apoio

Os meus correos habituais son: ptcarmen@iesblancoamor.com  /  marioterosanchez@edu.xunta.gal

Auto-matriculación (Student)
Auto-matriculación (Student)