Esquema de temas

  • Tema 1

    Protocolo Xeral de prevención, deteccióne tratatemento do acoso escolar e Ciberacoso.


    ProtocoloO fenómeno denominado acoso escolar, maltrato entre iguais ou bullying atopámolopresente en toda a historia, pero nos últimos anos adquire unha maior relevancia social.

    A existencia dos conflitos esixe de todos, e particularmente do sistema educativo, unha aprendizaxe para a o seu entendemento, a súa xestión e a súa resolución, dentro dun marco de convivencia e cultura da paz. A Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, dedica integramente o Capítulo III do Título II á prevención e tratamento das situacións de acoso escolar.

    O artigo 30 desta lei establece que o Goberno galego, a través dos departamentos competentes en materia educativa e de benestar, elaborará un protocolo xeral de prevención, detección e tratamento do acoso es­colar, coa indicación das previsións mínimas que deberá incorporar. Tamén establece a obrigatoriedade de que os centros educativos inclúan un protocolo de prevención, detección e tratamento do acoso escolar dentro o seu Plan de convivencia.

    Ante situacións de ciberacoso será de aplicación o establecido neste protocolo para o acoso escolar, con carácter xeral, considerando as particularidades propias das estratexias de prevención, da detección e da aplicación de medidas, ás que fai referencia especificamente o apartado V, así denominado, do propio documento.

    Ademais, e coa finalidade de axilizar a tramitación deste protocolo e apoiar o labor encomendado aos centros educativos na súa execución, o documento ofrece un total de vinte e dous anexos facilitadores das distintas intervencións que se deben realizar na aplicación deste protocolo.

    En consecuencia, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas competencias, dita as instrucións de 17-xuño-2013 co propósito de dar traslado deste protocolo xeral e de facilitar a súa aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Acceso aos Anexos en formato Word.

  • Tema 2

  • Tema 3

  • Tema 4

  • Tema 5

  • Tema 6

  • Tema 7

  • Tema 8

  • Tema 9

  • Tema 10