Curso: Orientación Académica | AV

  • Neste apartado da aula virtual poderedes atopar recursos que vos axudarán nas decisións que teredes que tomar ao longo dos vosos estudos: sobre a ESO, o bacharelato, elección de materias, a ABAU, Universidade, Formación Profesional, bolsas de estudos, etc.

    Recordade que se tedes calquera dúbida podedes vir polo departamento de orientación do instituto ou escribir un correo electrónico ao seguinte enderezo:

    citaorientacion@iesblancoamor.com

    Benvid@s ao Departamento de Orientación!


  • 1
    2
    3
    4
    5
    6
    7
    8
    9
  • Este tema

    Mónica Diz Orienta: Oferta de ciclos de Formación Profesional para o curso  2021/2022

    https://www.edu.xunta.gal/fp/

    PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN A CICLOS FP GRAO MEDIO E FPGRAO SUPERIOR: 

    DO 23 DE XUÑO ÁS 9:00 AO 5 DE XULLO ÁS 13:00 horas. FINALIZADO.

    • Queres estudar un ciclo de formación profesional en Vigo ou en Ourense? A consellería convoca prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes de estas cidades para todas as persoas que queiran cursar estudos postobrigatorios. Nesta ligazón podedes consultar a convocatoria.

      O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
      • Para o alumnado matriculado en bacharelato: entre o 7 de xuño e o 11 de xullo de 2022.
      • Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o 7 de xuño e o 1 de agosto de 2022.

    • Se tes pensado facer un ciclo de formación profesional de grao medio ou superior é fundamental que teñas en conta os prazos das diferentes partes do proceso. O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas Neste documento aparecen os prazos para o réxime ordinario e o réxime de persoas adultas ou modular. Sé puntual!

    • Queres facer un ciclo de formación profesional para o vindeiro curso na modalidade dual? Aquí tes os prazos de todos os trámites que debes cumprir. A presentación de solicitudes abrangue do 23 xuño ás 9:00 ao 5 xullo ás 13:00 horas. Non te despistes!

    • Aplicando diferentes filtros (familia profesional, provincia, centro educativo, etc) poderás coñecer as notas de corte dos graos medio e superior e dos graos universitarios que se imparten en España. Recorda que estas notas son orientativas e non teñen porqué coincidir cas do próximo curso 22/23.

    • Nesta ligazón tedes á vosa disposición folletos informativos de todas as familias profesionais da FP coa principal información de cada un dos ciclos (módulos que se estudan, saídas profesionais, ámbitos de traballo, lugares onde se poden estudar, etc.). Para acceder, debedes picar na icona de cada familia profesional. Se preferides, tamén podedes vir polo departamento de orientación e consultalos en papel.
    • Nesta páxina da Junta de Andalucía se picades na icona de cada familia profesional podedes acceder a vídeos informativos moi entretidos nos que os propios estudantes vanvos contar en que consiste cada unha das profesións. 
    • Estás pensando en facer un Grao Superior de Formación Profesional? picando aquí atoparás todo o que precisas saber.
    • Oíches falar da FP Dual pero non sabes moi ben o que é? De xeito moi resumido, consiste en cursar un ciclo de formación profesional (de grao medio ou superior) nun centro educativo e nunha empresa ao mesmo tempo cobrando un pequeno soldo. Iso si, tes que ser maior de 18 anos. Mirando este cartafol poderás coñecer un pouco máis sobre a FP Dual.

    • Mapa no que poderás localizar todos os centros e ciclos onde se pode cursar a FP Dual en Galicia así como as empresas colaboradoras.

  • Logo de University of A Coruña (UDC): la historia y el significado del  logotipo, la marca y el símbolo. | png, vector

    O mércores 30 e o xoves 31 de marzo de 16:00 a 20:00 horas, a UDC celebrou unhas xornadas de portas abertas virtual na que houbo vídeoconferencias de todas as titulacións de grao en directo con chats a través de Teams. Tamén se amosou a vida universitaria: residencias, cultura, deporte, emprego, cooperación e voluntariado, centro de linguas, ORI, CUFIE, ADI, OMA, UDC saudable.... Se non asistiches, aquí tes toda a información. 

     Unha oportunidade para coñecer a UDC! 


    • Por se vos é útil e como pedistes, aquí tedes a presentación das charlas de orientación que facemos nas sesións de titoría de 4º da ESO. Xa sabedes que se tedes dúbidas podedes vir polo departamento ou mandar un correo electrónico a citaorientacion@iesblancoamor.com
    • Velaquí tedes a presentación utilizada nas charlas de orientación con 1º de bacharelato. Tamén vós, para calquera aclaración podedes vir polo departamento de orientación ou mandar un correo electrónico a citaorientacion@iesblancoamor.com

  • Tes que ter todas as materias aprobadas para recibir o título de bacharelato? Cunha suspensa poderías titular? Ten en conta que este curso 21-22 cambiou a normativa, así que mira esta presentación e despexarás as túas dúbidas!
  • Con este programa, dirixido especialmente ao alumnado do IES EBA, poderás deseñar o teu propio futuro académico e profesional e atoparás toda a información que precisas sobre: cuestionarios para coñecerte a ti mesmo e os teus intereses, bolsas, universidade, formación profesional, saídas profesionais, ensinanzas artísticas e deportivas... e moitas cousas máis. Así que non o penses máis: entra e bota unha ollada.

    Programa de orientación 2021-2022 (Orientaline) » LABORIÉNTATE

    • Sabedes que todos aqueles que non tedes o título da ESO tamén podedes acceder a un ciclo de grao medio superando unha proba? Tamén os que non tedes o título de bacharelato podedes acceder a un grao superior superando unha proba. Botádelle un ollo a seguinte información:

      IMPORTANTE:

      Grao superior:

      • Datas de inscrición ás probas: do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro. FINALIZADO
      • Data do exame: 28 de abril

      Grao medio:

      • Datas de inscrición á proba: do 3 ao 16 de marzo. FINALIZADO
      • Data do exame: 25 de maio

      • Queres saber que podes estudar en Galicia despois de rematar o bacharelato? Este buscador, publicado por La Voz de Galicia, contén todos os estudos superiores que se poden cursar no momento actual na nosa comunidade autónoma. Seguro que hai algún que che interesa! A aplicación online está en construción, pero o 3 DE ABRIL PUBLICOUSE EN PAPEL A NOVA GUÍA PARA O CURSO 22/23, se queres consultala mentres a aplicación web non está lista, vén polo departamento de orientación!

        Seminario Menor de la Asunción | Guía de Estudios Superiores

    • Mónica Diz Orienta: Grados universitarios abiertos, una opción para  estudiantes indecisos

    • As ensinanzas de réxime especial comprenden as ensinanzas deportivas, as artísticas e as de idiomas. Nos apartados que están a continuación atoparás información de cada unha delas.

      • Páxina da Consellería de Educación na que premendo en cada icona, poderás acceder á información oficial sobre as seguintes ensinanzas:

        • Deportivas.
        • De idiomas.
        • Artísticas.
        • De adultos.Bienvenido a Enseñanzas Artísticas