Topic outline

  • ELECTRICIDADE. PRODUCIÓN, TRANSPORTE E FACTURACIÓN.

    Este tema vaino desenvolver Sergio en 3 sesións e pode resumirse así:

    • 1ª Sesión: Presentación do tema, conceptos básicos, explicación de como se produce a electricidade e como se transporta dende as centrais eléctricas hasta os fogares.
      • Proposta de traballo: cada equipo escolle unha central de produción eléctrica e realiza unha presentación en Drive (portada e unha diapositiva por alumno) que exporá 7 días despois na clase ao resto de compañeiros.
    • 2ª Sesión: Exposición dos traballos (5 minutos por equipo) e coavaliación (cada equipo avalía as exposicións do resto).
    • 3ª Sesión: Explicación dunha factura eléctrica doméstica e realización dun suposto (formalizar unha factura a partir dos datos facilitados).

    A 2ª e 3ª sesións poden variar a súa orde.

    A presentación base de Sergio tédela aquí (pode ir actualizándose).

    As centrais escollidas por cada equipo ireinas anotando na tarefa (correspondente a 3ª avaliación) na que entregaredes o enlace e anotaremos a avaliación.