TECNO_3_1415
Esquema de temas
-
Dado que o grupo 3ºC non tivo sesión presencial posterior ao exame final e non poidemos analizar as cualificacións da Avaliación Ordinaria compre indicar o criterio seguido para superar a materia en XUÑO:>35% da puntuación do curso e>= 100 puntos no exame final.Aqueles que acadaron o 45% do curso (incluso antes do exame) superan a materia automáticamente.A partires da superación do curso a nota final concrétase coas calificacións obtidas, a participación na clase, a actitude fronte a materia, as probas obxectivas, as tarefas entregadas e actitude colaborativa.
SORPRÉNDETE, SORPRÉNDENOS
-
PRESENTACIÓNHola a todos e Benvidos a este novo Curso 2014-15.SomosMónica Fraga Rodríguez, monicatecnoeba@gmail.comeÁngel Acción Lamas, accionangel@gmail.comos profesores que vos acompañarán nesta viaxe pola Tecnoloxía e por esta Aula Virtual.E nada máis comezar xa vos estamos pedindo cousas, neste caso que nos enviedes un correo electrónico desde a vosa conta Gmail, cada un ao seu profesor, coa seguinte estrutura:Asunto:3ºX Nome Apelido ApelidoTexto:Ola Mónica/ÁngelEste correo é para presentarme e que teñas a miña dirección así como para solicitarte o meu usuario e contrasinal para a Aula Virtual TECNO_3.Un saúdoNome Apelido ApelidoUnha vez recibades o correo de resposta cos datos para entrar nesta AV deberedes respostar no "Foro de Presentación do alumnado" situado no tema anterior.
-
REPRESENTACIÓNDado que no campo tecnolóxico é fundamental a representación de obxectos e procesos así como a transmisión gráfica dos mesmos imos comezar por este tema no que repasaremos aspectos básicos de DEBUXO e ACOTACIÓN (). Pero antes de clicar nos anteriores enlaces convén que vexas esta animación se non tes claro como funciona o método de representación de obxectos de 3 dimensións a base de vistas (prantas e alzados).Ninguén coma vós sabe o sinxelas que son as novas aplicacións informáticas, xa non son necesarios aqueles cursos de centos de horas para manexar os programas, hoxe todo é moito máis intuitivo, un exemplo é Google Scketch Up para representar obxectos en 2 e 3 dimensións cun par de clics. Fíxate no que Antonio Lomba fixo cos seus alumnos de 2º da ESO en Pontevedra nesta coleción de figuras en 3D. Dun xeito máis tradicional temos estes apuntamentos con exercicios sobre diédrico, isométrico e acoutado para 2º da ESO.
-
METROLOXÍADentro do campo das medidas ímonos centrar nesta ocasión nalgúns instrumentos de medida de lonxitudes. E xa que a regra e a cinta métrica están dominados imos coñecer o Calibre ou Pé de Rei.
Outro instrumento de medida de precisión que podes aprender a manexar é o Micrómetro, atréveste? -
CONCURSO
DE RELATOS CURTOS
RELACIONADOS COA CIENCIA
Con motivo do Concurso de Relatos Curtos relacionados coa Ciencia imos realizar unha tarefa de introdución ao Procesador de Textos de Google. Se estás interesado no concurso podes consultar as Bases da Convocatoria e, o máis importante, o libro "Cienciaqueconta2013" onde ler os relatos gañadores do ano pasado, especialmente deberíades consultar estes tres primeiros de secundaria que é a categoría na que poderíades competir.A tarefa consistirá na edición aumentada do relato gañador na categoría de secundaria do ano pasado. Facilitareivos un texto plano (.txt) do que partiredes e un pdf a modo de resultado ao que vos tedes que achegar, para elo teredes que editalo segundo instrucións ao longo de dúas sesións na Aula de Informática. -
MATERIAIS
-
MATERIAIS. PLÁSTICOSCoñecer os materiais facilítanos o deseño de obxectos adaptados as necesidades que deben resolver e os Plásticos son os que están sufrindo o maior desenvolvemento investigador e sustituindo a moitos dos materiais tradicionais, como pode ser o caso da roupa (os Plásticos en Libros Vivos.net).Cada día é máis importante a creación de novos materiais que respondan a propiedades ou cualidades concretas polo que temos que ver as fortalezas e debilidades de cada un. Nesta páxina comercial podemos ver moitos dos Plásticos Técnicos coas súas propiedades e usos.Se os materiais e as súas propiedades son importantes a nós vainos interesar máis os procesos industriais relacionados con eles. Nesta animación, en inglés, temos unha moi entretida viaxe por eles.
-
MATERIAIS DE CONSTRUCIÓNCando falamos de materiais de construción non podemos esquecernos de que moitas veces están vinculados a elementos estructurais e polo tanto convén lembrar algo de estruturas e esforzos.E non podemos esquecer a arquitectura bioclimática e os materiais ecolóxicos ou bioconstrución aínda que non adoiten estar nos libros de texto tradicionais (sabías que se pode facer unha casa con palla?).
-
VIVENDAUnha desas cousas que os planificadores educativos esquecen cando pensan na formación dos futuros cidadáns é que todos vivimos en vivendas cada día máis cheas de instalacións e non nos preparan para comprender un plano, facer unha distribución de mobiliario, valorar a orientación, os materiais cos que está feita e moitas outras cousas. Neste capítulo imos comezar por representar onde vivimos xa que deste xeito seranos máis doado relacionar o espacio que coñecemos e a representación que faremos. Curiosearemos eso da Domótica e comezaremos a ver a arquitectura con outros ollos.
-
-
MÁQUINAS E MECANISMOS
-
REPRESENTACIÓN ARQUITECTÓNICA. PLANOS E ESCALAS
-
MOTORESDe seguro que tarde ou cedo has ter un coche e síntoo pero antes terás que sacar o carné de conducir que, como ti ven sabes, inclúe coñecer un pouco de mecánica. Sexa este o caso ou non de seguro que alucinarás con esta animación dun motor e, se non te defendes ben co inglés neste artigo de Antonio Lomba seguro que atoparás todas as explicacións que precisas para facerte unha idea do seu funcionamento.
-
ELECTRICIDAD
Comeza este tema repasando os coñecementos básicos de electricidade coa axuda deste dous recursos flash do Departamento de Educación do Goberno de Navarra: -
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ALUMNADO